Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2003 relativa á adxudicación do concurso para a contratación dos servicios de axardinamento no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 18/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servicios.

b) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de axardinamento no edificio e nas instalacións do pazo do Parlamento de Galicia.

c) Lotes: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 52, do 14 de marzo de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: lote único: 64.950 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 5 de maio de 2003.

b) Contratista: Xardín Compostela, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 63.600 euros anuais, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia