Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 23 de decembro de 2002, aprobou definitivamente a delimitación e os estatutos e bases de actuación do polígono 2 do solo urbanizable programado número 2 (SUP-2) de Cornes, promovidos por Estudio 5 de Gestión y Proyectos, S.L. e outros.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, poderase solicita-la incorporación á xunta de compensación do polígono. A dita incorporación haberá de solicitarse mediante escrito que se presentará no Rexistro Xeral do Concello, e terá que ir xunto coa documentación completa que acredite os seus dereitos sobre as parcelas afectadas pola actuación.

Transcorrido o prazo sinalado, a incorporación só será posible se non entorpece o desenvolvemento do proceso e o aproba a xunta de compensación.

A falta de incorporación autoriza á xunta de compensación para solicitar a expropiación dos seus predios, ou ben a súa ocupación na forma prevista no artigo 134.1º, parágrafo segundo, da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde