a) Obxecto do contrato, referencia ó proxecto e necesidades administrativas que hai que satisfacer: subministración de pensos, trigo, alfalfa, millo, etc., para consumo dos animais de Vigo-Zoo.
b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto.
c) Orzamento de licitación máximo: 137.512 euros polos dous anos.
d) Financiamento: partida 221.06.00 Manutención de animais.
e) Revisión de prezos: non haberá lugar á revisión de prezos.
f) Forma e contido da proposición: a que figura na cláusula XX do prego de condicións administrativas que se encontra á disposición dos licitadores no rexistro xeral do Concello de Vigo.
g) Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.00 horas, ou por correo na forma determinada legalmente no prazo de 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
h) Lugar, data e hora de apertura de plicas: na Casa do Concello de Vigo ante a mesa de contratación de Vigo-Zoo, o 1º martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 10.00 horas. Se coincidise en día non hábil o de apertura de plicas ou se por causas de forma maior non se puidese realizar, este terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
i) Criterios de adxudicación do concurso:
-Mellora da calidade dos productos respecto á mínima esixida no informe da dirección: ata 6 puntos.
-Menor prezo ofertado sobre o máximo previsto en relación coa calidade das suministracións que se ofertan: ata 3 puntos.
-Melloras en canto ás condicións das subministracións: ata 2 puntos.
-Reducción do prazo de entrega das subministracións: ata 1 punto.
k) Prazo contractual: o contrato outorgarase polo prazo máximo de dous anos, coa posibilidade de prórroga por outros dous.
l) Garantías:
-Garantía provisional: non se esixe.
-Garantía definitiva: o 4% do prezo do contrato.
m) Clase de contrato: administrativo.
n) Importe máximo de gastos de publicidade da licitación: o adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación, e os de adxudicación ata un importe máximo de 600 euros.
o) Órgano outorgante: Consello de Administración do organismo autónomo Vigo-Zoo.
Vigo, 2 de maio de 2003.
Amador Fernández Fernández
Presidente do organismo autónomo
municipal Vigo-Zoo

