Obxecto: a contratación da realización dunha campaña de publicidade para a promoción das diferentes festas de exaltación do percebe.
Lugar de execución: provincia da Coruña.
Prazo de execución: o prazo máximo de execución do contrato non excederá do 31 de decembro de 2003 contado desde o día seguinte ó da data de formalización do contrato en documento administrativo.
Forma de adxudicación: concurso.
Orzamento: o orzamento máximo da campaña será de 87.000 euros (IVE incluído).
Destinarase ata un máximo de 12.000 euros (IVE incluído) para a realización dos deseños, e ata un máximo de 75.000 euros (IVE incluído) para a contratación dos medios.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
Proposicións: data límite: ata as 13.00 horas do prazo de 8 días naturais contado desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 11 de xuño de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

