Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.081

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador SAN-PO-47/2003-MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoacción do expediente sancionador por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto do 4 de febreiro de 1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José María Muíños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concédeselle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións

no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 13 de maio de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-47/2003-MP.

Denunciado: Alberto González Alonso.

Último enderezo coñecido: Debaixo das Eiras, nº 11-36350 Nigrán.

Feito denunciado: carecer do libro rexistro de movementos e compravenda de gando, non ter identificados 3 animais da especie porcina e carecer do certificado de inscrición do vehículo.

Data do acordo de incoación: 7-4-2003.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995, do artigo 7 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro e do artigo 52.4º do Decreto do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento da Lei de epizootias.

Sanción: de 920 euros.