Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.082

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 20 de maio de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Programa de incorporación personalizado.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións parafiscais da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Con

sellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

-Programa de Incorporación Personalizado: 10 euros.