Intentada a notificación deste trámite de audiencia e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a José Álvaro Suárez Mera, do que o último enderezo coñecido é Campo da Cruz-Cedeira-A Coruña, que con data 7 de marzo de 2003 a xefa do Servicio Xurídico Administrativo dictou proposta de resolución que se transcribe literalmente no que o afecta:
«Pola presente comunícolle que a Dirección Técnica da zona de Lourido-Sequeiro efectuou a proposta que se indica ó pé deste escrito e que o afecta a vostede.
De conformidade co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícolle así mesmo que o expediente está á súa disposición nas dependencias do Servicio de Infraestructuras Agrarias desta delegación provincial e que, durante o prazo de 10 días contado desde o seguinte á data de recepción do presente, poderá vostede facer alegacións e presentar cantos documentos e xustificacións teña por convenientes.
Proposta:
1.8. a) Desestima-la reclamación de superficie formulada por Dolores Suárez Mera, dado que non existe a diferencia de superficie alegada.
b) Modificar, tal e como se reflicte no plano que se achega, o linde de separación que conforma os predios nº 1.057 e 1.058 de José Álvaro Suárez Mera co predio nº 1.059 de Dolores Suárez Mera, pasando a figura-lo predio nº 1.057 cunha superficie de 605 m, o predio nº 1.058 cunha superficie de 330 m e o predio nº 1.059 cunha superficie de 1.150 m».
A Coruña, 13 de maio de 2003.
Jesús Collar Urquijo
Delegado provincial da Coruña

