Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.086

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia a contratación de obras, polo procedemento aberto e forma de adxudicación por concurso, para a reforma do centro de maiores de Monforte de Lemos. (Expediente 35/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: reforma do 1º e 2º andar do centro de maiores de Monforte de Lemos. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 88.536,10 euros (oitenta e oito mil cincocentos trinta e seis euros con dez céntimos, IVE incluído).

5. Obtención de información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Edificio administrativo San Lázaro s/n, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 54 56 50, fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratación

6. Obtención de documentación: copistería Copynino, r/ Rosalía de Castro, nº 58, Santiago de Compostela. Tfno.: 981 59 03 02. Prezo dos pregos: 10,62 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo terceiro día natural contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Ver punto 5.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 5 ás 9.30 horas do quinto día natural seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos dos anuncios: 18,76 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais