De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 22-3-1999 (DOG nº 62, do 31 de marzo), publícase:
1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2003/085-5.
Expediente de xestión: FM 341D 2000/227-5.
Orde da convocatoria: 4-2-2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro).
Interesada: Mª Beatriz Vázquez Gorrita.
Enderezo: r/ Sagunto, 61 36205 Vigo (Pontevedra).
Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro.
Acordo:
Revisado o seu expediente de conformidade coas facultades de control, avaliación e seguimento que corresponden á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais segundo a disposición adicional primeira da Orde do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 17 de febreiro) pola que se establecen os programas de fomento do emprego en empresas de economía social, para a promoción do emprego autónomo e para a integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e traballo autónomo, en relación co Decreto 23/2003,
do 20 de xaneiro (DOG do 21 de xaneiro), polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.
E comprobada a vida laboral de Mª Beatriz Vázquez Gorrita (36109028 V) a través de cruzamento de datos co sistema da Seguridade Social, detéctase a baixa da mesma desta 30-4-2002, incumprindo o artigo 8 da Orde do 4 de febreiro de 2000 (DOG do 17 de febreiro)
ACORDO:
Primeiro.-Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), o procedemento de reintegro da subvención de 3.606,07 (600.000 pesetas) concedida na Resolución do 5-7-2000 en concepto de renda para inicio de actividade.
Segundo.-O reintegro voluntario polo interesado ante o órgano competente da Consellería de Economía e Facenda, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte a resolución pola que se declare a dita circunstancia, de acordo co establecido no artigo 20.5º e 20.6º, do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
Terceiro.-Dar trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Mª Beatriz Vázquez Gorrita, un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que coide pertinentes.
Vigo, 21 de marzo de 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 16 de maio de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

