Mediante Resolución do 30-12-2002, a Alcaldía aprobou inicialmente o estudio de detalle, promovido por José Manuel Flores Gil, referido a terreos da súa propiedade sitos en Triana, San Miguel de Reinante.
O expediente sométese a información pública durante un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para efectos de exame e formulación das alegacións que procedan.
Barreiros, 31 de decembro de 2002.
O alcalde
Rubricado

