Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cambre, na súa sesión do 25 de abril de 2003, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 16 das normas subsidiarias municipais, situada no Temple, elaborado polo arquitecto Rafael Pier Romero, e promovido por Avelino López Cambre, en representación de Epaat, S.L.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia e disposición transitoria terceira da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, pon fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 a 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante

o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contado desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Cambre, 23 de maio de 2003.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde