Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CURTIS

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan de sectorización do polígono industrial I-2 Teixeiro, concello de Curtis.

Por decreto da Alcaldía do 20 de maio de 2003 aprobouse inicialmente o Plan de sectorización do polígono industrial I-2 Teixeiro, redactado polo arquitecto Manuel Suárez Bermúdez e promovido por Sueros de Galicia, S.A., o cal se somete a información pública polo prazo dun mes contado desde a derradeira publicación deste anuncio, para os efectos previstos no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Teixeiro-Curtis, 22 de maio de 2003.

Javier Francisco Caínzos Vázquez

Alcalde