A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 3 de xuño de 2003, acordou aprobar inicialmente o convenio urbanístico de execución do planeamento para a conexión da área de reparto 23 (AR-23) das do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Lalín cos servicios existentes na estrada C-533, asinado o 30 de maio do ano en curso cos propietarios-promotores da iniciativa.
En cumprimento do establecido nos artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ó público polo prazo de vinte días para alegacións na secretaría do concello.
Lalín, 10 de xuño de 2003.
Camilo González Bodaño
Alcalde accidental

