A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 21-5-2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes na parcela sita entre a ronda das Fontiñas e rúa Primavera, 4, promovido por Promociones Carmen de Ángel Varela, S.L.
Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, nº 197) e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.
Lugo, 30 de maio de 2003.
P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de área

