Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente 6/2003.

2. Obxecto do contrato: venda da parcela 8-3-A, do polígono industrial de monte Afieiras, para a actividade de fábrica de cortinas.

3. Forma de adxudicación: poxa, procedemento restrinxido e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 125.835,12 euros.

5. Presentación de solicitudes de participación: os licitadores presentarán as solicitudes de participación en sobre pechado no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó pri

meiro día hábil), coa documentación que figura na cláusula 7ª do prego.

6. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 20 de xuño de 2003.

José A. Eiras Paz

Alcalde