Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 5 de febreiro de 2003, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).
Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 9 da citada orde,
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, correspondentes ó primeiro prazo.
Segundo.-De acordo co artigo 11, as axudas serán aboadas da seguinte forma:
Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, xuntando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.
Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:
1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.
2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.
3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:
Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramitala seguinte documentación no prazo máximo de un mes:
1. Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados e copia compulsada das facturas.
2. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra administración ou ente público.
3. Certificación do director do centro no que se faga consta-la empresa ou centro de acollida e as datas exactas de duración da estadía, o nome e número do DNI dos alumnos e/ou dos profesores participantes, indicando neste caso se é coordinador ou participante na estadía.
4. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto deberase minora-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.
5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida que incluirá os seguintes datos:
5.1. Visitas preparatorias.-Obxectivos acadados de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.
5.2. Estadías de alumnos.-Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidade de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.
5.3. Estadías de profesores.-Certificación da empresa ou centro de acollida na que se indiquen as datas e as características da estadía realizada.
Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:
a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.
b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.
c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).
d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).
e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.
f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.
g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.
Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais reservándose o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Cuarto.-De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1159/2000 da Comisión, do 30 de maio de 2000 (DO L 130/30 do 31-5-2000), os centros colaboradores que figuran no anexo I tomarán as medidas oportunas para informa-los alumnos e profesores que van realiza-las estadías formativas en empresas que as axudas están financiadas nun 65% polo Fondo Social Europeo.
Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro de 1999), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO I
Proxectos aprobados no primeiro prazo de presentación de solicitudes
actividade participante profesores alumnos destino concedida
Centro escolar Tipo
Título proxecto/profesor
Número
Número
Especialidade País
Axuda
deportivasColexio Daniel Castelao Visita preparatoria María Rodríguez Canabal 1 0 Informática Irlanda 900,00
Colexio Daniel Castelao Estadía alumnos A informática e a lingua inglesa 0 10 Informática Irlanda 13.500,00
Colexio Daniel Castelao Estadía alumnos A informática e a lingua inglesa 0 15 Informática Malta 19.125,00
IES Pintor Colmeiro Estadía alumnos Estadía en Irlanda do CM Act. Fisic. Depor. 0 5 Actividades
Irlanda 5.990,00
actividade participante profesores alumnos destino concedida
Centro escolar Tipo
Título proxecto/profesor
Número
Número
Especialidade País
Axuda
deportivas
de Comercio
de traballo-Téxtiles 3
e Restauración de Bens Culturais
e restauración
Javier Veiga Asorey Act. Deportivas
IES Pintor Colmeiro Estadía alumnos Estadía en Irlanda do CS Xest. Com. e Mark. 0 10 Comercio Irlanda 12.250,00
IES Pintor Colmeiro Estadía alumnos Estadía en Italia do CS Xest. Com. e Mark. 0 5 Comercio Italia 5.750,00
IES Pintor Colmeiro Estadía alumnos Estadía en Italia do CM Act. Fisic. Depor 0 13 Actividades
Italia 14.950,00
IES Pintor Colmeiro Estadía alumnos Estadía en Italia do CM
0 5 Comercio Italia 5.750,00
IES Pintor Colmeiro Visita preparatoria Mª José Soto Lorenzo 1 0 Comercio Irlanda 725,00
IES Pintor Colmeiro Visita preparatoria Mª José Soto Lorenzo 1 0 Comercio Italia 775,00
IES Paseo das Pontes Visita preparatoria Roberto Bermejo Fernández 1 0 Hostalería e turismo Finlandia 1.000,00
IES Paseo das Pontes Visita preparatoria Ana Isabel Fernández Martínez 1 0 Téxtil Finlandia 1.000,00
ES Paseo das Pontes Visita preparatoria Joaquina Fretes Montero 1 0 Téxtil Francia 700,00
IES Paseo das Pontes Estadía alumnos Formación en centros de traballo en Finlandia 0 2 Hostalería e turismo Finlandia 3.050,00
IES Paseo das Pontes Estadía alumnos Prácticas de patronaxe 1 0 2 Téxtil Francia 2.100,00
IES Paseo das Pontes Estadía alumnos Formación en centros
0 2 Téxtil Finlandia 3.050,00
IES de Melide Visita preparatoria Mario Vieitez López 1 0 Comercio Portugal 197,20
Escola de Arte Antonio Failde Visita preparatoria Cesar Taboada Varela 1 0 Artes gráficas Malta 1.000,00
Escola de Arte Antonio Failde Estadía alumnos Nuevos lenguajes en interiorismo y rehabilitación 0 10 Artes gráficas Malta 12.750,00
IES Ribeira do Louro Visita preparatoria Francisco J. Gil Feijoo 1 0 Construcción Malta 1.000,00
IES Ribeira do Louro Visita preparatoria Amador Ordóñez Puime 1 0 Construcción Suecia 1.000,00
IES Ribeira do Louro Estadía alumnos La formación en el sector de la piedra en UE 0 3 Construcción Dinamarca 3.675,00
IES Illa de Sarón Estadía alumnos Proxecto Bergen II 0 2 Informática Noruega 3.050,00
Esc. Sup. de Conservación
Estadía alumnos Prác. de restauración no mosteiro de Sta. Cruz-Coimbra 0 5 Conservación
Portugal 3.625,00
IES Armando Cotarelo Valledor Estadía alumnos Formación en centro de traballo transnacional 0 1 Comercio Francia 1.250,00
IES Armando Cotarelo Valledor Estadía alumnos Formación en centro de traballo transnacional 0 1 Comercio Alemaña 1.525,00
Escola de Artes Mestre Mateo Visita preparatoria Angel Manuel Lázaro 1 0 AA. Plast. e Deseño Irlanda 800,00
Escola de Artes Mestre Mateo Estadía alumnos Moda in Bretaña 0 2 Indumentaria Francia 2.100,00
IES A Guía Estadía alumnos Formación en centros de trabajo 0 1 Comercio Alemaña 1.260,00
IES Luis Seoane Visita preparatoria Emma Ramos Devesa 1 0 Administración Portugal 450,00
IES Luis Seoane Estadía alumnos ILUSEPOR 0 1 Administración Portugal 875,00
IES Luis Seoane Estadía alumnos ILUSENOR 0 1 Comercio Holanda 1.525,00
IES Luis Seoane Estadía alumnos ILUSEFRAN 0 1 Secretariado Francia 1.250,00
IES A Pinguela Visita preparatoria Fco. Javier Álvarez Fernández 1 0 Informática Irlanda 900,00
IES Pintor Colmeiro Estadía profesores Ana Mª Rodríguez López
2 0 Comercio
Italia 2.210,00
Esc.de Artes Mestre Mateo Estadía profesores Santiago Riande Torres 1 0 Indumentaria Francia 775,00
IES Paseo das Pontes Estadía profesores José Luis Ferreira Romero 1 0 Hostalería e turismo Finlandia 1.075,00
IES Lucus Augusti Estadía profesores Lucrecia Alcolado Sánchez 1 0 Química Italia 1.122,00
IES Lucus Augusti Estadía profesores Pedro Leivas Rielo 1 0 Química Italia 1.122,00
IES San Rosendo Estadía profesores Anxo Lois Allegue Fernández 1 0 Agraria Francia 875,00
IES As Mercedes Estadía profesores Mª Jesús Morán González 1 0 Francés CF Suiza 925,00
Centro de FP Daniel Castelao Estadía profesores Isabel Pousa García 1 0 Inglés CF Malta 1.050,00
Proxectos denegados no primeiro prazo de presentación de solicitudes
Por non axustarse á convocatoria
actividade participante profesores alumnos destino concedida
Centro escolar Tipo
Título proxecto/profesor
Número
Número
Especialidade Pais
Axuda
IES Anxel Casal-Monte Alto Estadía profesores Susana Agra Rama 1 0 Sanitaria Alemaña 0,00
IES nº 1 de Lugo Estadía profesores Pilar Corral Muñiz 1 0 Sanitaria Suiza 0,00
IES nº 1 de Lugo Estadía profesores Mª Ángeles Blanco Deza 1 0 Sanitaria Suiza 0,00
IES nº 1 de Lugo Estadía profesores Marina Merino López 1 0 Sanitaria Alemaña 0,00
IES Nº1 de Lugo Estadía profesores María Esther Varela Tato 1 0 Sanitaria Alemaña 0,00
IES Monte Castelo Estadía profesores Margarita Vázquez Ouro 1 0 Sanitaria Suiza 0,00
IES A Pinguela Visita preparatoria Fco. Javier Álvarez Fernández 1 0 Informática Reino Unido 0,00
EFA Fonteboa Estadía alumnos Estadía en explotacións agrarias. Pays Loire 0 13 Agraria Francia 0,00