Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.347

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 30 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución de incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade P-UL-58.00/01, a Promociones e Inversiones Los Pazos, por realización de obras no lugar de Baltar-Castrelo (Ponte da Barca), termo municipal de Cambados, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, pola que se acorda a incoación de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº P-UL-58.00/01, a Promociones e Inversiones Los Pazos, por realización de obras consistentes na ampliación de nave, no lugar de Baltar-Castrelo (Ponte da Barca), termo municipal de Cambados, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos duna infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos RR.DD. 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.), nomeándose o persoal do Servicio de Usos do Litoral desta delegación territorial, como instructor a Alfonso Fernández

Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo (Decreto 125/2002, do 4 de abril).

Os nomeamentos de instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partires da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

De conformidade co establecido no artigo 120 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, que modifica o artigo 102 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, cómpre informalo de que o prazo para notificación da resolución dos procedementos sancionadores será de doce meses. Transcorrido este sen que se produza aquela, dictarase resolución declarando a caducidade do procedemento e ordenando o arquivo das actuacións cos efectos previstos na lexislación vixente. A caducidade non producirá por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interrompirán o prazo de prescrición (artigo 92.3º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Así mesmo, cómpre informalo de que este prazo de doce meses quedará suspendido:

Cando se deba requirir do interesado emenda de deficencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

Cando se deban solicitar informes, desde a petición del, que deberá notificar ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

Vigo, 30 de maio de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO I

Expediente número: P-UL-58.00/01.

Denunciado/a: Promociones e Inversiones Los Pazos.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: Baltar-Castrelo. 36630 Cambados.

Data do acordo: 19-2-2003.

Feitos: ampliación de nave.

Lugar: Baltar-Castrelo (Ponte da Barca).

Concello: Cambados.

Medidas de carácter provisional: ordena-la inmediata paralización das obras ou actividades obxecto deste expediente advertíndolle que, noutro caso, se procederá ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a ela, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes, contados a partires da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Circuntancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que se puidese impoñer, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º, e 26.1º da L.C. e, 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. cuarta 2 c) da L.C. e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), e 95.1º da L.C. e 174 c) 179.1º do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.