Aprobado por decreto da Alcaldía do 23 de maio de 2003 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para adxudica-las obras de pavimentación da saída pola rúa Fernández Albor (Outeiros), que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.
Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.
Entidade adxudicadora.
Concello da Guarda, praza do Reló, 1, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.
Obxecto do contrato.
Adxudica-las obras de pavimentación da saída pola rúa Fernández Albor (Outeiros).
Tipo de licitación.
Setenta e seis mil cento un euros con trinta céntimos (76.101,30 euros), IVE incluído.
Modalidade de adxudicación.
Concurso público, procedemento aberto.
Garantías.
Provisional: 2% do orzamento.
Definitiva: 4% do orzamento.
Exame do expediente.
Os licitadores poderán examina-lo expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 13.00 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións.
No rexistro xeral do Concello, dentro do prazo de 26 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG en horas de nove
a trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de ofertas forma inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
Apertura de proposicións.
A apertura terá lugar ás 12.00 horas do terceiro día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).
Gastos de anuncios.
A cargo do adxudicatario.
A Guarda, 29 de maio de 2003.
José Luís Alonso Riego
Alcalde en funcións

