Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 30-6-2003, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación N-14, do PXOU vixente, promovido por Cysem, S.L.

O acordo de aprobación definitiva do citado PERI, foi comunicado á CPTOPV da Xunta de Galicia, con data do 4-7-2003, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 4 de xullo de 2003.

P.D. (Decreto Alcaldía 56/2003)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da área