Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2003 Páx. 9.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de alargamento e afirmado do camiño de Cortiñas de Lourido, Bordel, Verducido.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma: ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento: 96.450 euros, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica.

5. Garantías: a) Provisional: 1.929 euros. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: lugar: Servicio de Contratación. Praza de España. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00.

7. Presentación das ofertas: data límite: 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do

anuncio no DOG. Documentación: cláusula 16ª do prego. Lugar: Rexistro Xeral do Concello (9.00 a 13.00 horas).

8. Apetura das ofertas: cláusula 19 do prego, ás 9.00 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 10 de xuño de 2003.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral