A Comisión de Goberno, en sesión do 14 de abril de 2003, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro.-Proceder a corrección do erro material detectado no acordo da Comisión de Goberno do 23 de setembro de 2002, polo que se prestaba aprobación definitiva ó proxecto de compensación da unidade de actuación nº 10 do PXOU, sita entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, presentado no rexistro do concello o 25 de marzo de 2002 por Inversiones Playamar, S.L. na súa condición de propietaria única da totalidade dos terreos integrantes da unidade e subscrito polos arquitectos Castro e Lorenzo, ó non facerse consta-la preexistencia da carga hipotecaria referida na parte expositiva e a súa substitución sobre a parcela de resultado «A» e, en consecuencia, prestar aprobación definitiva ó texto refundido-3, da mesma autoría, e presentado neste concello o 17 de marzo de 2003, que anula e substitúe o anterior, dispoñéndose, así mesmo, a anulación daquelas determinacións e documentos integrantes del que fagan referencia á obriga de achegar economicamente o
concello calquera gasto que puidese corresponderlle como administración receptora do dez por cento do aproveitamento tipo, polo custo de redacción de proxectos e a xestión do plan especial, do proxecto de urbanización e das propias obras de urbanización, acordo que se adopta exonerando ó concello de tales obrigas económicas e en función do ofrecemento efectuado pola sociedade o 24 de xuño de 2002, coa finalidade de proceder a xestión e execución deste eido espacial de equidistribución, determinándose que a formalización deste proxecto de com
pensación se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, substituíndo a certificación do 13 de xaneiro de 2003, por unha nova que reflicta o contido do proxecto de compensación corrixido que se aproba polo presente acto, ou ben mediante escritura pública se así o prefire a propietaria única e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo de protocolización notarial del, sendo ámbalas obrigas por conta da propiedade.
Segundo.-Incorporar, de acordo con este proxecto de compensación, os terreos da U.A. nº 10, de cesión obrigatoria que se grafan no citado proxecto, incluída a parcela «C», de 456,30 m, correspondente o 10% do aproveitamento non patrimonializable pola propiedade -en pleno dominio e completamente libres de cargas e gravames- ó patrimonio municipal e inventario de bens e a súa afectación ós usos previstos polo planeamento.
A cesión entenderase sen prexuízo do dereito de ocupación para procederse á execución das obras, tendo que se efectua-la cesión e entrega da urbanización nun prazo non superior a tres meses, contado desde a recepción definitiva pola propiedade, formalizándose esta en actas que subscribirán este concello e a sociedade limitada promotora».
O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa notificación consonte o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, éste deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquél no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte co establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.
Pontevedra, 9 de xuño de 2003.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio AMbiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

