A Comisión de Goberno, na súa sesión do 28 de abril de 2003, aprobou o proxecto de compensación da unidade 17 A (U-17 A) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (Hortas-Galeras), promovido por Manuel Ginarte Cabada e outro.
Contra o citado acordo de aprobación poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a comisión de goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

