A Comisión de Goberno, na súa sesión do día 19 de maio de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle dos terreos sitos na confluencia da rúa de Sánchez Freire (número 2) coa da Granxa, promovido por Construcciones Vicente García Porto, S.L.
De conformidade co disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para os propietarios afectados que, por
atoparse en paradoiro descoñecido, non poidan ser citados persoalmente ó trámite de información pública:
Nº parcelaRef. catastralRexistro propiedade
Parcela S-16463502NH3466A0001AA Manuel Carlín Rendo e María Gómez Iglesias
Parcela S-2Construcciones Vicente García
Porto, S.L.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

