Coa finalidade de satisface-la crecente necesidade social de coñece-los idiomas europeos e os cooficiais do Estado español, créase polo Decreto 239/1989, do 19 de outubro (DOG do 13 de novembro), a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol (A Coruña) e pola Orde do 13 de novembro de 1989 (DOG do 29 de novembro) autorízase a posta en funcionamento.
Examinado o expediente promovido pola dirección da mencionada escola, polo que solicita a implantación das ensinanzas do idioma italiano, así como os correspondentes informes, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo) e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-la Escola Oficial de Idiomas de Ferrol (A Coruña) a imparti-las ensinanzas corres
pondentes ó idioma italiano. As ditas ensinanzas implantaranse progresivamente, iniciando o 1º curso no 2003-2004, quedando a configuración do dito centro segundo figura no anexo.
Segundo.-Autoriza-la Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2003.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Ferrol.
Localidade: Ferrol.
Denominación: Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.
Código: 15026546.
Idiomas: alemán, francés, galego, inglés e italiano.

 
 
 
 