Detectados erros na devandita resolución publicada no DOG nº 99, do 23 de maio, cómpre face-la oportuna corrección:
No punto 9 c), onde di: «As relacionadas con empresas e institucións, incluíndo as cátedras de empresas e cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración en tódalas materias obxecto desta delegación, cando así sexa considerado polo rector», debe dicir: «As relacionadas con empresas e institucións, incluíndo as cátedras de empresa e cursos complementarios, e a sinatura de convenios de colaboración e os de cooperación educativa, en tódalas materias obxecto desta delegación, cando así sexa considerado polo rector».
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

