Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado do acondicionamento da estrada OU-404 de Celanova a Barral, treito Ponte da Ella-límite norte do termo municipal de Cartelle. (Clave OU/00/37.1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autonóma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 21 de xaneiro de 2002, procédese á aprobación do proxecto de trazado do acondicionamento da estrada OU-404 de Celanova a Barral. treito Ponte da Ella-límite norte do termo municipal de Cartelle. Clave OU/00/37.1 polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 4 de abril de 2002, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 152/2002, publicado no DOG nº 84, de data do 2 de maio de 2002.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no Concello de Cartelle, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Cartelle.

Datas: 3, 4, 5, 8, 9, 10, 11, 12, 15, 16 de setembro de 2003.

Horario: de 10.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.00 horas.

Día 3 do predio nº 1 ó predio nº 46.

Día 4 do predio nº 47 ó predio nº 93.

Día 5 do predio nº 94 ó predio nº 139.

Día 8 do predio nº 140 ó predio nº 185.

Día 9 do predio nº 186 ó predio nº 231.

Día 10 do predio nº 232 ó predio nº 277.

Día 11 do predio nº 278 ó predio nº 323.

Día 12 do predio nº 324 ó predio nº 369.

Día 15 do predio nº 370 ó predio nº 415.

Día 16 do predio nº 416 ó predio nº 462.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Cartelle e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (r/ Sáenz Díez n º 1-1º) 32071 Ourense.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola sua conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 30 de xuño de 2003.

José Manuel González Sánchez

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Ourense