Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de xullo de 2003, do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, pola que se notifican as resolucións sancionadoras dictadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SANC/43/03 e outro máis).

O director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dictou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións sancionadoras, ademais de impoñe-la sanción de multa que en cada caso se indica, acordouse ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infración nun prazo de 15 días contados desde a notificación (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5º e 61 da devandita norma legal, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o contido das referidas resolucións recaídas nos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora en materia de estradas.

Os interesados despoñen dun prazo de dez días, computados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula, para examina-lo expediente sancionador depositado no Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa da Dirección Xeral de Obras Públicas, sito nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que as ditas resolucións sancionadoras non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte o remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, se é o caso.

As sancións impostas deberán facerse efectivas mediante ingreso en calquera oficina da Caixa Galicia, conta contable 840, código 01 ou Caixanova, recadación Xunta, modelo XTAX, e de non face-lo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2003.

José Antonio Domínguez Varela

Xefe do Servicio de Xestión Xurídico-Administrativa

da Dirección Xeral de Obras Públicas

ANEXO

Expediente: SANC/43/03.

Denunciado: Ousame Nang Pape.

Último enderezo coñecido: r/ Coutadas Teis, 11-B. Vigo. Pontevedra.

Feito denunciado: derriba en accidente de circulación valo de protección, poste e tubo galvanizado.

Data; estrada; p.k.: 7-2-2003; C-550; 123,300.

Precepto infrinxido: artigo 43.3º b) da Lei 4/1994.

Precepto sancionador: artigo 47.1º da Lei 4/1994.

Sanción imposta: 300,51 A.

Expediente: SANC/72/03.

Denunciado: José Toimil Taboada.

Último enderezo coñecido: Tracastro, 8. Donramiro. Lalín. Pontevedra.

Feito denunciado: construcción de edificación anexa a vivenda sen autorización.

Data; estrada; p.k.: 22-4-2002; PO-202; 0,800.

Precepto infrinxido: artigo 43.3º h) da Lei 4/1994.

Precepto sancionador: artigo 47.1º da Lei 4/1994.

Sanción imposta: 300,51 A.