Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Siresa Noroeste, S.A. (Residencia de Estudiantes).
Domicilio social: r/ A. Rodríguez Castelao, 20, 32000 Ourense.
Denominación: C.T. Residencia de Estudiantes.
Situación: r/ A. Rodríguez Castelao, 20, Ourense.
Características técnicas: centro de transformación en semisoto do edificio residencial, con trafo de 630 kVA R/T 20.000/380-220 V alimentado por liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 12/20 kV.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 29 de maio de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense

