Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2003 de notificación da resolución do expediente ESCA 126/02-LU, incoado por infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Antecedentes de feito.

1. Denuncia.

Data: 10 de outubro de 2001.

Lugar: Mazoi (Lugo).

Feitos: realizar un recheo dunha leira con entullos nos que había asfalto, plástico, terra, pedras, etc., procedendo así á eliminación incontrolada destes residuos.

Denunciante: policía autonómica.

Denunciado: Construcciones Sal.

CIF: B-27006949.

2. Acordo de iniciación.

Data: 28 de xaneiro de 2003.

Intentada sen éxito a notificación do dito acordo de incoación procedeuse á súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo e no Diario Oficial de Galicia para que dentro do prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da notificación achegase documentos, formulase alegacións ou propuxera cantas probas conviñesen ó seu dereito.

Alegacións: o denunciado non presenta escrito de alegacións.

3. Proposta de resolución.

Data: 5 de maio de 2003.

Intentada sen éxito a notificación da proposta de resolución procedeuse á súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo e no Diario Oficial de Galicia para que dentro do prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da notificación achegase documentos, formulase alegacións e presentase os documentos e informacións que estimese pertinentes.

Proposta: que se considere a Construcciones Sal, autora dunha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 34.3º b) da Lei de residuos 10/1998, do 21 de abril, e se lle sancione coa multa de 601,02 euros.

4. Alegacións á proposta de resolución.

Conferido o trámite de audiencia establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado non presenta escrito de alegacións.

Fundamentos de dereito.

I. Tramitación: o expediente iniciouse e instruiuse conforme o disposto nas normas legais aplicables, en particular na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro; no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, e na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

II. Competencia: a competencia para a resolución do presente procedemento sancionador correspóndelle ó conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia de conformidade co disposto nos artigos 45.2º b) da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

III. A denuncia, o acordo de incoación e a proposta de resolución, cumpren os requisitos formais e foron debidamente notificadas, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

IV. En canto á proba dos feitos, cómpre manifestar que coa denuncia do 10 de outubro de 2001, quedan acreditados, dun xeito indubitado, os feitos imputados, que están demostrados pola presunción de veracidade e certeza da que gozan as denuncias formuladas polos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións de conformidade co disposto nos artigos 17.5º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora e o 137.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Ademais a sentencia do Tribunal Supremo do 13-12-1998 «as denuncias dos axentes da autoridade constitúen unha comprobación inmediata e directa dos feitos, análoga á do delicto flagrante, e que no caso das infraccións administrativas destrúe a presunción de inocencia».

O alegante non destrúe esta presunción mediante proba en contrario. Queda pois probado o feito do vertido de residuos, en concreto ferros, plásticos, terra e pedra. Os citados feitos constitúen unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, que recolle «o abandono, vertido ou eliminación incontrolada de calquera tipo de residuos non perigosos, sen que se producise dano ou deterioración grave para o ambiente ou sen ter posto en perigo grave a saúde das persoas». Para a devandita infracción o artigo 35.1º b) establece unha sanción de 601,02 euros ata 30.050,61 euros, excepto en residuos perigosos que sera de 6.010,12 euros ata 300.506,05 euros.

Imponse a sanción no seu grao mínimo, 601,02 euros, que se estima proporcionada á infracción cometida de acordo cos artigos 35.2º da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos e artigo 131 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Resolución:

Examinada a documentación que consta no expediente sancionador de residuos número ESCA 126/02-LU e vistas as devanditas disposicións legais, resolvo sancionar a Construcciones Sal con multa de 601,02 euros (seicentos un euros e dous céntimos).

O que lle notifico para os efectos previstos no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Recurso:

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da recepción da notificación.

O que lle notifico para os efectos previstos no artigo 58.2º da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pagamento:

O importe da sanción debera ser ingresado (utilizando o importe de pagamento que se xunta) dentro do prazo de 15 días hábiles contados desde o momento en que a resolución sexa firme, en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova Recaudación Xunta, modelo XTAX; de non face-lo ingreso dentro dese prazo, procederase sen máis trámite á súa recadación pola vía de constrinximento.

Lugo, 16 de xullo de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente