De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo), publícase:
«1º Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/126-5.
Expediente de xestión: FM 342B 2000/900-5.
Orde da convocatoria: 13-3-2000 (DOG nº 60, do 27 de marzo).
Interesado: Mª Solmira Díaz López.
Enderezo: Michelena, 11, 36001 Pontevedra.
Asunto: resolución do procedemento de reintegro.
Acordo: visto o expediente referenciado, e como consecuencia da función de seguimento e control das subvencións concedidas, e tendo en conta os seguintes:
Antecedentes:
1. O beneficiario recibiu unha subvención de 4.808,1 A pola contratación indefinida na data 3-3-2000 da traballadora Mª Elisa Barreiro Vidal (44079205-G).
2. En virtude da disposición adicional primeira da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) pola que se establecen os programas de fomento da contratación e da estabilidade no emprego para o ano 2000, comprobouse a extinción da relación laboral na data 30-6-2002 da traballadora Mª Elisa Gómez Vila (35438439-Q), terceira substituta da traballadora subvencionada Mª Elisa Barreiro Vidal (44079205-G).
Fundamentos:
1. A base décima do anexo B da Orde do 13 de marzo de 2000 (DOG do 27 de marzo) reguladora das axudas á contratación por conta allea para o
ano 2000 obriga os beneficiarios a mante-lo número de traballadores fixos do seu cadro de persoal durante polo menos 3 anos que se contarán desde a data de realización do contrato, e no suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedeu a subvención, á cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los requisitos do traballador substituto no mes seguinte ó da baixa. Esta obriga manterase durante tres anos desde a realización do contrato indefinido obxecto da subvención.
2. O artigo 11 da citada orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia dos xuros de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).
En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287, do 21 de novembro (DOG do 11 de decembro), polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVO:
Declara-la procedencia do reintegro por parte de Mª Solmira Díaz López da cantidade de 4.808,1 A concedida na resolución desta delegación provincial do 28-6-2000 en concepto de subvención pola contratación indefinida de Mª Elisa Barreiro Vidal (44079205-G).
Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).
Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, no prazo dun mes desde o día seguinte ó desta notificación.
Vigo, 27 de maio do 2003. P.D. Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial de Pontevedra».
Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Promoción do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 25 de xuño de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra

