A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 26 de xuño de 2003, aprobou o prego de cláu
sulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso, da obra de abastecemento Brandín, Sanguñedo (obra nº 271/POL/03), o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación dese anuncio no BOP ou no DOG, para que poidan presentar reclamacións.
Simultaneamente, anúnciase concurso público, polo trámite urxente, se ben, as licitacións aprobaranse cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Baños de Molgas.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto de contrato. Descrición.
A execución da obra de abastecemento Brandín, Sanguñedo, obra nº 271/POL/2003, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo. Prazo de execución por contrata: 4 meses e tipo de licitación: 46.448 euros.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Garantías.
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
5. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.
b) Domicilio: Samuel González Movilla, nº 2, Baños de Molgas, Ourense.
c) Localidade: Baños de Molgas, CP 32701.
d) Teléfono: 988 43 00 00.
e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.
6. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.
7. Presentación de ofertas.
a) Data límite para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación dese anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.
c) Lugar de presentación: Concello de Baños de Molgas.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.
b) Data: o día que convenientemente se sinale.
9. Gastos de anuncio: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.
Baños de Molgas, 30 de xuño de 2003.
Eladio Mangana Novoa
Alcalde

