Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 29 de xullo de 2003 Páx. 9.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 10 de xullo de 2003, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación do servicio de infraestructuras e xestión de espectáculos das festas do San Froilán 2003. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a prestación dos servicios de dotación de infraestructuras e xestión das actividades de lecer e culturais que se realicen durante as festas do San Froilán 2003, coas prestacións previstas na cláusula primeira do prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: o período das festas será do 4 ó 12 de outubro, sen embargo para a montaxe será desde as 18.00 horas do 30 de setembro ata as 12.00 horas do 4 de outubro e para a desmontaxe ata as 24.00 horas do día 14 de outubro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

Sinálase como prezo máximo do contrato a cantidade de 162.000 euros, non obstante o prezo será o ofrecido polos licitadores na súa oferta.

5. Garantías.

Provisionais: 3.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e CP: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décima do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e CP: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día posterior ó remate da presentación das proposicións, agás sábado ou festivo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de cláusulas.

11. Gastos dos anuncios: 920,24 euros que serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 16 de xullo de 2003.

P.D.

Francisco Félix Fernández Liñares

Tenente alcalde delegado da Área de Economía