O decreto do Consello da Xunta de Galicia 259/2003, do 2 de maio (DOG número 94, do 16 de maio), declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Ortigueira (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de urbanización das vías da Vicoña e posterior.
En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Ortigueira convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan o día vintesete de agosto de dous mil tres (mércores), ás doce horas, e na casa do concello, sita na Praza Isabel II s/n da Vila de Santa Marta, sen prexuízo de desprazarse ós predios obxecto de expropiación se así se solicitase, co fin de redacta-las actas previas á ocupación.
A este acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos bens e o documento nacional de identidade. Poden asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.
A la lista de propietarios afectados é a seguinte:
Parcela: 30795-12.
Horas: 12.00.
Día: 8 de setembro de 2003.
Titular: López Sanjurjo Inés.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30 /1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
Ata o levantamento das actas previas ás ocupacións, os interesados poderán formular por escrito cantas alegacións estimen pertinentes, para os únicos efectos de emendar erros na relación de bens e titulares afectados pola urxente ocupación.
Ortigueira, 17 de xullo de 2003.
Antonio Campo Fernández
Alcalde

