Resolución para a contratación dunha asistencia técnica para a elaboración do proxecto de exposición interpretativa na aula da natureza do río Miño.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia na que se tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.
c) Número do expediente: 40/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: desenvolvemento do proxecto de exposición interpretativa na aula da natureza do Río Miño.
b) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 42.000 euros, IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de información.
a) Entidade: Servicio de Patrimonio e Contratación.
b) Domicilio: Concello de Ourense, praza Maior nº 1.
c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
d) Teléfono: 988 38 81 61.
e) Fax: 988 38 81 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de propostas.
7. Recollida de documentación.
Copistería: Copyplaza, praza Maior nº 8, baixo.
Teléfono/fax: 988 25 58 27.
8. Requisitos do contratista.
Os establecidos no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.
9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: 8 días naturais, desde a última publicación no DOG ou BOP.
b) Documentación para presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na praza Maior nº 1, Ourense-32005, de 9.00 a 13.00 horas.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: salón de sesións do Concello de Ourense.
b) Enderezo: praza Maior, nº 1.
c) Data: quinto día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Ourense, 17 de xullo de 2003.
José Luis Rodríguez Cid
Alcalde accidental
FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL
E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO
DE GALICIA

