En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro) de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo pro
ceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.
* Convócanse:
-Catro (4) prazas de técnicos superiores para os departamentos técnicos do Laboratorio Oficial Metroloxía de Galicia sito no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas-Ourense.
Requisitos: enxeñería superior industrial, telecomunicacións, naval ou minas ou licenciatura en físicas.
-Dúas (2) prazas de técnicos medios para os departamentos técnicos do Laboratorio Oficial Metroloxía de Galicia sito no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas-Ourense.
Requisitos: enxeñería técnica industrial, naval ou de telecomunicacións.
-Dúas (2) prazas de técnicos medios para o departamento de Administración do Laboratorio Oficial Metroloxía de Galicia sito no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas-Ourense.
Requisitos: diplomatura en cc. empresariais ou económicas.
-Tres (3) prazas de técnicos para os departamentos técnicos do Laboratorio Oficial Metroloxía de Galicia sito no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas-Ourense.
Requisitos: FP II, con especialidade en rama mecánica e/ou máquina-ferramenta, e/ou electrónica, e/ou automoción.
-Catro (4) prazas de técnicos superiores para o departamento de administración das oficinas de servicios centrais sitas na Praza de Europa nº 10 A, 6º B, Santiago de Compostela.
Requisitos: licenciatura en cc. empresariais ou económicas.
-Dúas (2) prazas de técnicos superiores para o departamento técnico do Centro de Observación de Galicia sito na Praza de Europa nº 10 A, 6º B,Santiago de Compostela.
Requisitos: enxeñería superior industrial, telecomunicacións ou licenciatura en cc. químicas.
-Unha (1) praza de técnico para o departamento técnico do Centro de Observación de Galicia sito na Praza de Europa nº 10 A, 6º B, Santiago de Compostela.
Requisitos: mínimo FP I.
* Requisitos xerais:
-Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea, nos termos da Lei 7/1993, do 23 de decembro, así como os nacionais daqueles estados ós que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadores nos termos en que está definida no tratado constitutivo da Unión Europea.
-Ter cumpridos os 18 anos de idade e non ter alcanzada a idade de xubilación.
-Posuír e acreditar a titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).
-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes á praza á que opte.
-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.
Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea ou daqueles que teñan subscritos tratados referentes á libre circulación coa Unión Europea ratificados en España, deberán acreditar de modo fidedigno non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu país o acceso á función pública.
* Documentación que hai que presentar:
-Solicitude, segundo modelo presentado como anexo I das bases da convocatoria.
-Documentos de identificación: fotocopia do DNI ou pasaporte ou documento que acredite nacionalidade.
-Fotografía tamaño carné.
-Currículum vitae con documentación orixinal ou fotocopia* que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. A omisión da documentación acreditativa de calquera mérito eliminará o mesmo da súa correspondente valoración.
-A experiencia acreditarase con certificado da Seguridade Social, certificado de empresa e/ou certificado do centro de traballo onde preste ou prestase os seus servicios o candidato baixo calquera modalidade.
-Documento xustificativo de estar en posesión do curso de perfeccionamento do idioma galego ou estudios equivalentes debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou órgano competente.
-Aqueles que presenten fotocopias sen cotexar e accedan á fase de entrevista persoal deberán achega-los orixinais para cotexa-las copias presentadas.
* Recollida de bases. Lugar e prazo de presentación de solicitudes:
-As bases da convocatoria e demais requisitos específicos das prazas pódense recoller nas oficinas de servicios centrais da fundación sitas na Praza de Europa nº 10 A, 6º B, Área Central, 15707 Santiago de Compostela, teléfono: 981 95 70 00, ou na páxina web da fundación: www.fundacioncalidade.org.
-As solicitudes dirixiranse ó presidente do Consello de Dirección da fundación e presentaranse ou remitiranse por correo certificado ás oficinas de servicios centrais da fundación sitas na Praza de Europa nº 10 A, 6º B, Área Central, 15707 Santiago de Compostela.
-O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2003.
José Manuel González González
Presidente do Consello de Dirección
da Fundación para o Fomento da Calidade
Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia
S. COOP. LTDA. DE TRABAJO ASOCIADO TALLERES BARXA
DE MEIRA

