María Josefa Tella Fernández, titular do DNI/NIF nº 3382576-V, como secretaria da cooperativa Sociedad Cooperativa Limitada de Trabajo Asociado Talleres Barxa de Meira, con domicilio soical en avenida Xeneralísimo nº 94, 27240 Meira (Lugo), provista do CIF nº F27020494, certifico:
Que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, realizada no seu domicilio social o día 27 de xuño de 2003, se adoptaron, entre outros, por unha maioría superior ós dous tercios do total dos socios da cooperativa, os seguintes acordos:
1. Aproba-la disolución da cooperativa Sociedad Cooperativa Limitada de Trabajo Asociado Talleres Barxa de Meira, conforme o disposto no artigo 62 b) dos seus estatutos sociais e o artigo 86 a) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
2. Nomear liquidadores da cooperativa os seguintes socios, que aceptaron expresamente o cargo para o que foron nomeados:
Gonzalo Nieto Yáñez (DNI 33654027-J).
Juan Fidel Nieto Amoroso (DNI 33805999-R).
María Elvina Nieto Amoroso (DNI 33605998-P).
Asino este anuncio en Meira (Lugo) o vintesete de xuño de dous mil tres, co visto e prace do presidente Gonzalo Nieto Yáñez, para que conste para os efectos oportunos.
María Josefa Tella Fernández
Secretaria
Visto e prace
Gonzalo Nieto Yáñez
Presidente

