Examinado o expediente de caducidade iniciado a Francisco López Silva (DNI 33108809-X), na condición de titular dunha estación depuradora, situada en Boiro (A Coruña).
a) Feitos.
Primeiro.-Con data do 26-9-2000 os interesados presentan escrito no que renuncian ó título habilitante do establecemento co fin de dedicalo a unha nova actividade.
Segundo.-A extinción non tería incidencia negativa sobre o dominio público nin causa prexuízos a terceiros.
Terceiro.-A Delegada Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Coruña, o 25 de abril de 2003, propón que se acepte a renuncia e se considere extinguido o título habilitante.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
Segundo.-Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.
Terceiro.-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas.
Cuarto.-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.
Quinto.-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Tendo en conta que:
Primeiro.-O expediente se tramitou de conformidade coa lexislación vixente.
Segundo.-O informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico.
Esta consellería, no exercicio das súas atribucións e competencias,
RESOLVE:
Extingui-lo título habilitante do establecemento auxiliar de cultivos mariños que a continuación se indica:
* Titular: Francisco López Silva (DNI 33108809-X).
* Tipo: estación depuradora.
* Especies: moluscos.
* Localización: Punta Cereixo-Castro-Esteiro-Boiro (A Coruña).
* Título habilitante: permiso de actividade e concesión.
* Data outorgamento: Orde do 18-9-1968.
* Vixencia: 26-9-1998.
A causa pola que se resolve a extinción é a seguinte:
Renuncia expresa do titular do establecemento (artigo 72 b) da Lei 6/1993, de pesca de Galicia).
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos