Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003 pola que se lle outorga a Paquito, S.L., permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento de cultivos mariños en Careixo-Esteiro-Boiro (A Coruña).

Examinado o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha granxa mariña, apreciáronse os seguintes:

a) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 4 de xullo de 2000, Francisco López Silva, en representación de Paquito, S.L. (CIF B-15055783), solicitou permiso de actividade para a explotación dunha granxa mariña en Esteiro-concello de Boiro (A Coruña).

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no DOG.

-Informe técnico biolóxico da Delegación Territorial da Coruña.

-Informe urbanístico do concello de Boiro.

-Informe sobre a ocupación do dominio público marítimo-terrestre, da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente).

-Resolución do 11 de xaneiro de 2002, pola que a Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente), outorga concesión de ocupación de 4.370 m.

-Informe, en materia de navegación, da Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa (Ministerio de Fomento).

-Informe da Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo).

-Cualificación ambiental e declaración de efectos ambientais da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (Consellería de Medio Ambiente).

-Informe xurídico do Servicio Técnico-Xurídico.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142, do 24 de xullo de 1997).

Segundo.-Orde do 17 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67, do 5 de abril de 2000).

Terceiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11

de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio de 1993).

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Outorgar a Paquito, S.L. (CIF B-15055783), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación, do establecemento de cultivos mariños que se indica a continuación.

-Nome: Paquito, S.L.

-Tipo: granxa.

-Actividade: engorda.

-Especies: rodaballo (Psetta maxima).

-Localización: lugar: Esteiro, concello: Boiro (A Coruña).

-Superficies:

Dominio privado: 1.898,29 m.

Dominio público: 1.520,71 m distribuidos en:

Parte da nave: 401,71 m.

Tubos de desaugadoiro: 720 m.

Tubos de captación: 399 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº: 1 planta baixa, superficie: 2.300 m.

Piscinas nº: 11 de 102 m.

1 de 70 m.

Capacidade: 75 tm/ano.

Segundo.-Somete-la autorización ás seguintes condicións:

Primeira.-Vixencia.

O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Poderán prorrogarse por períodos máximos doutros dez, ata un máximo total de 30 anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-Obras e instalacións.

As obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña dos informes das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo de acordo co proxecto planta de cultivo de rodaballo e robaliza constituída por doce depósitos cunha capacidade total de 1.200 m, subscrito en marzo de 2000 polo enxeñeiro de camiños Marcial de la Fuente Prieto, visado polo colexio profesional corres

pondente ó 21 de marzo de 2000, e anexo ó proxecto, subscrito en xullo de 2000 polo enxeñeiro de camiños José Luis Piñeiro Arnoso, visado tamén polo colexio profesional correspondente ó 3 de decembro de 2001, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo de tres anos, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da Orde do 27 de marzo de 2000 citada.

Terceira.-Ocupación de dominio público.

O establecemento ocupa 1.520,71 m de dominio público marítimo-terrestre, incluídos na resolución do 11 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente), pola que se outorga a Paquito S.L. concesión de ocupación duns 4.370 m con destino á legalización de ocupación das instalacións existentes e realización de novas instalacións, comprendidas no proxecto solicitude de concesión administrativa en terreos da zona marítimo-terrestre, no lugar de Esteiro, termo municipal de Boiro (A Coruña), conforme coas condicións e prescricións contidas na Orde Ministerial do 5 de outubro de 2001.

Cuarta.-Declaración de efectos ambientais.

Coa finalidade de minimiza-las posibles afeccións ambientais negativas, deberanse de aplicar, xunto coas medidas que se propoñen no proxecto, as recollidas na declaración de efectos ambientais formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avalación Ambiental de data 3 de xullo de 2002, notificadas ó promotor o 29 de setembro de 2002.

Quinta.-Modificacións.

Nin o establecemento, nin o dominio público ocupado, nin as obras nel executadas poderán destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Sexta.-Extinción.

O permiso de actividade ó que se refire esta resolución, extinguirase polas seguintes causas:

-Incumprimento dalgunha das condicións dela.

-Nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

-Extinción da concesión de ocupación de 4.370 m de dominio público outorgada por Resolución do 11 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente).

Sétima.-Licencias doutros organismos competentes na materia.

O outorgamento deste permiso de actividade non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Oitava.-Impostos.

O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autori

zacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Novena.-Fianzas.

Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar, ante a Dirección Xeral de Recursos Mariños, un aval correspondente ó 4% do orzamento de execución por contrata para garanti-lo cumprimento das medidas protectoras e correctoras, así como para facer fronte ós posibles danos que se poidan causar ó medio, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental (DOG nº 32, do 17 de febreiro de 1997).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso postestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contecioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados, en ámbolos dous casos, desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos