Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.273

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 2003/399.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 2003/399.

Acta Inf. nº 531/2003.

Empresa: Diecon 98, S.L.

NIF/DNI: B-15629033.

Enderezo: Louro (Muros).

Materia: seguridade e hixiene.

Proposta de sanción: 5.000,00 euros.

Resumo da acta de infracción:

Visitada a obra de construcción sita en Virxe do Camiño, s/n (Muros), comprobouse que se trataba dunha remodelación dunha vivenda xa construída, e que o accidente que nela tivo lugar foi debido á falta de resistencia dos elementos de soporte do tellado.

Vulnéranse o artigo 5.2º do Real decreto lexislativo 5/2000; Anexo IV parte C, 11.b), c) do Real decreto 1267/1995.

Falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de conformidade cos artigos 12.16º b) e 39.2º, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, valorándose para gradua-la sanción a perigosidade da actividade desenvolvida pola empresa e a gravidade dos danos que se poideran producir pola falta de medidas de seguridade.

Documentos que constan nos expedientes:

-Actas de infracción.

-Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 4 de xullo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña