Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a subministración de diverso equipamento informático para o Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2003/626.1/02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de servidores e impresoras.

b) División por lotes e número:

Lote 1: dous (2) servidores e un (1) switch ethernet.

Lote 2: unha (1) impresora láser a cor e nove (9) impresoras persoais.

c) Lugar de entrega: Instituto Galego de Estatística.

d) Prazo de entrega: quince (15) días a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 46.000 euros.

Lote 1: 32.000 euros.

Lote 2: 14.000 euros.

5. Garantía provisional: 920 euros.

Lote 1: 640 euros.

Lote 2: 280 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 13 21.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: rexistro do Instituto Galego de Estatística.

2. Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12.00 horas.

10. Outras informacións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2857

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2003.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística