Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 05 de agosto de 2003 Páx. 10.276

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO DE EDUCADORES SOCIAIS DE GALICIA

ANUNCIO de notificación de actuacións administrativas.

O Colexio de Educadores Sociais de Galicia atópase tramitando a solicitude de habilitación de Manuel Melendo Cruz formulada ó abeiro da Lei 1/2001, de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia. De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e posto que se intentou a notificación ó interesado, mediante este anuncio notifícase a Manuel Melendo Cruz, con DNI 08961380-M a seguinte resolución da comisión de habilitación ó recurso de reposición, interposto en data 22 de xaneiro de 2003 contra a resolución da comisión de habilitación do 19 de decembro de 2002 denegatoria da súa inscrición no colexio, adoptada en sesión de data 12 de febreiro de 2003.

«En resposta ó recurso presentado perante a comisión de habilitación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia (CESG), comunicámoslle que na sesión da comisión de habilitación do 11 de febreiro de 2003 este non foi aceptado pois que as acreditacións presentadas non achegan tarefas propias de educación social realizadas tal e como marca a Lei do Parlamento de Galicia 1/2001, de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, disposición transitoria segunda.

Das tarefas desempeñadas por vostede despréndese claramente que corresponden ás dun profesor ambiental, non ás dun educador social.

Así mesmo, informámolo de que contra esta resolución pode interpor recurso contencioso-administrativo perante os tribunais contencioso-administrativos correspondentes, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución segundo o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2003.

Alberto Fernández de Sanmamed Santos

Presidente do Colexio de Educadores Sociais

de Galicia