Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.371

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2003 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática, a José Ignacio Armesto Quiroga (praza 85/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 5 de novembro de 2001 (BOE do 26 de novembro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática, en prol de José Ignacio Armesto Quiroga, con documento nacional de identidade número 36068273-H, e cumprindo o interesado os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Ignacio Armesto Quiroga, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 15 de xullo de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS