Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.371

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (282/2002).

Nos autos de faltas número 282/2002, seguidos contra Carlos J. López Vázquez, sobre realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), dictouse con data 1-7-2003 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia nº 89.

En Betanzos, 1 de xullo de 2003.

Vistos por min, Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos e o seu partido, o presente xuízo de faltas 282/2002, sobre falta contra a orde pública, na que é denunciante o axente de tráfico da garda civil N-41519-R e denunciado Carlos J. López Vázquez, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Carlos J. Vázquez, como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código penal, a unha pena dun mes

de multa a razón de 6 euros diarios, é dicir, 180 euros, que en caso de non seren pagados ou de insolvencia dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 15 días de privación de liberdade, que poderá cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou, se é o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo.

Cóndenase a Carlos J. López Vázquez ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles ás partes e ó Ministerio Fiscal a presente resolución.

Contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, no prazo de cinco días seguintes á última notificación, presentando neste mesmo órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, que por quenda corresponda constituído en tribunal unipersoal.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Así por esta miña sentencia, pronúnciao e asínao Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos».

E, en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciado Carlos J. López Vázquez, con último domicilio coñecido en r/ Páramo, 27, 4º esq., A Coruña, expídese este edicto en Betanzos o 1 de xullo de 2003.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado