Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.372

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (5/2003).

Nos autos de xuízo de faltas número 5/2003, seguidos contra Óscar Carnero Mariño, sobre realización de actividades sen seguro obrigatorio (636), dictouse con data 1-7-2003 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia nº 90.

En Betanzos, 1 de xullo de 2003.

Vistos por min, Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos e o seu partido os presentes xuízo de faltas nº 5/2003, sobre falta contra a orde pública, na que é denunciante axente tráfico garda civil R-17412-B e denunciado Óscar Carnero Mariño, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Óscar Carnero Mariño, como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código Penal, a unha pena dun mes de multa a razón de 6 euros diarios, é dicir, 180 euros, que no caso de non pagamento ou insol

vencia dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria de 15 días de privación de liberdade, que poderán cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou se é o caso mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de provación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo.

Condénase a Óscar Carnero Mariño ó pagamento das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ó Ministerio Fiscal.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á última notificación, que se interporá neste último órgano para a súa resolución polo maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, que por quenda corresponda constituído en tribunal unipersoal.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións, incluíndose o orixinal no libro de sentencias.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo e asínoo Pilar Carreira Vidal, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Óscar Carnero Mariño, con último domicilio coñecido e Ronda de Valle Inclán, 10-Lugo, expídese este edicto en Betanzos, 1 de xullo de 2003.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA