Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 07 de agosto de 2003 Páx. 10.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de xullo de 2003, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-00117-O-2002 e outro máis).

Por medio desta cédula requírense os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan

no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan neste sen que os sancionados as aboaran, procedan ó seu pagamento.

Requírense para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF: S1511001H, clave 390001, co apercibimento de que de non facelo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2003.

Carlos A. González Martínez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Nome do fiador-Último enderezo coñecido

OU-00117-O-2002

8421-WD 37

G.C. de Tráfico

Nd Location

Rn 10 Les Landes

de Cassantin, s/n

37210 Parcay Meslay (Francia)

Utilizar un disco homologado non adecuado ó aparello tacógrafo, o non coincidi-lo seu número de homologación co do aparello tacógrafo. Tacógrafo marca Kienzle 131-27-80. Nº 3823084. Nº homologación E1 57. Utiliza disco diagrama E1 51, 52, 61.

10-10-2001; 7.00; A-52; 203

R(CE) 3821/1985Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

300 eurosAmparo Robles Martínez

(Nd Saban Ibérica)

Roger de la Flor, 45-47

despacho 2

(08013 Barcelona)

XC-00719-O-2001

U-1387

G.C. de Tráfico

United Cargo Lux Gmem.

Rue du Commerce, 22 0 L-4067

Esch-Sur-Alzette

4067 (Luxemburgo)L-

Circular cun camión, realizando un período de conducción diario de máis de trece horas e trinta minutos (doce horas e dez minutos, máis a conducción correspondente a 223 km realizada entre as 5 h e as 9.10 h do presente día, os cales non xustifica o conductor o ter utilizado outro disco diagrama que destruiu). Disco día 11 rexistra o inicio o odómetro 307.926 km. Percorre 682 km. Disco día 12 rexistra odómetro o inicio 308.830 km. Percorre 150 km no momento de para-lo rexistro odómetro 308.981 km percorridos: 1.055 km por tanto percorre 223 km entre as 5 e as 9 horas que son as que non xustifica o conductor en disco destruído.

12-1-2001; 12.00; N-634; 679

Artigo 15

R(CE) 3821/1985.

Artigo 6

R(CE) 3820/1985

Art. 143 Lei 16/1987,

art. 201 R.D. 1211/1990

901,52 eurosAdeline Josie Bro

Harmugarrieta, 4

20305 Irún