Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais, con número de código 3600895, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-7-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 1-7-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de xullo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo

Convenio colectivo do sector de limpeza

de edificios e locais

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo afecta a todo o persoal e empresas que se rexen pola ordenanza laboral para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais do 15 de febreiro de 1975, comprendendo o seu ámbito de aplicación a provincia de Pontevedra, así como os novos centros de traballo que no ámbito desta provincia se cren ou localicen.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Atópanse incluídos no ámbito de aplicación deste convenio tódolos traballadores/as dependentes destas empresas, quedando excluídas aquelas persoas que de acordo coa ordenanza laboral vixente poidan saír do seu ámbito.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

Este convenio regulará as condicións de traballo en tódalas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que desenvolvan a actividade de limpeza e hixenización de toda clase de edificios, locais, oficinas, así como tódolos elementos estructurais e mobiliarios que os compoñen e dependencias do transporte terrestre, aéreo e marítimo, así como calquera outra actividade que fundamentalmente consista na limpeza.

Artigo 4º.-Duración e vixencia.

Este convenio terá unha duración de dous anos, contados do 1 de xaneiro de 2003 ó 31 de decembro de 2004. Entrará en vigor ós dez días da súa sinatura, se ben os seus efectos económicos pactados terán efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 2003 en tódolos conceptos.

Entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais sempre que por calquera das partes non sexa denunciado cando menos con tres meses de antelación ó seu vencemento ou de calquera de súas prorrogas. Caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto do convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais que aumentarán de acordo coa subida do IPC real.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extras e licencias

Artigo 5º.-Xornada laboral.

A xornada laboral ordinaria será de 39 horas semanais de traballo efectivo.

Nos supostos de xornada continuada establecerase un período de descanso obrigatorio de 20 minutos, a partir de 6 horas de xornada diaria continuada, que se computará como tempo de traballo efectivo, sen prexuízo das condicións máis favorables existentes nas empresas. É dicir, as que teñan máis dos vinte minutos agora establecidos.

Os traballadores/as disporán de tres días de descanso ó ano que se gozarán os días sábado santo, 24 e 31 de decembro. Aqueles/as traballadores/as para os que eses días non sexan laborables, gozaranos nas datas que acorden empresario e traballador/a. Se os días 24 e 31 de decembro coinciden en domingo, os día de descanso correspondentes a esas datas, poderanse gozar noutra época do ano que se fixará por acordo entre a empresa e o traballador/a.

Cando se amplíe a xornada nun centro de traballo, ou se xubile calquera traballador/a, terán preferencia para o incremento da xornada laboral, os/as traballadores/as que presten servicios no dito centro, independentemente que sexan de contratación fixa ou eventual; o único requisito será ter 4 meses de antigüidade no centro de traballo, e non ter xornada completa, prevendo tódalas empresas onde traballe. Caberán excepcións cando existan razóns organizativas ou productivas xustificadas.

O incremento salarial que supoña o aumento de xornada, non afectará ó importe do complemento de antigüidade que o/a traballador/a viñese percibindo.

Artigo 6º.-Traballo en domingos e festivos.

O/a traballador/a do que a súa xornada laboral se desenvolva en domingo, ou días festivos, terá opción a:

a) O aboamento, segundo o pactado neste convenio.

b) A acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

c) Gozar, en compensación, dun día de descanso semanal.

Por outra banda, o traballador/a que preste servicio como mínimo dous domingos nun mes, terá dereito a un día adicional de descanso sen prexuízo doutros dereitos que lle puideran corresponder.

Os festivos terán a mesma consideración que os domingos para efectos do descanso adicional regulado anteriormente.

Así mesmo, se un traballador/a presta os seus servicios tres domingos ó mes durante dous meses consecutivos, terá dereito a un día máis de descanso.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio gozará de 30 días ininterrompidos de vacacións anuais retribuídas, para aproveitar entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive. O inicio das vacacións terá lugar en día laborable que non sexa nin sábado, domingo, festivo ou día de descanso.

En cada empresa elaboraranse as quendas correspondentes. Para a elección de quenda por parte dos traballadores/as, seguirase en cada empresa unha orde rotativa de preferencia, de tal maneira que quen tivo preferencia de elección de quenda o ano anterior, é o último á hora de elixir quenda no ano seguinte. Así mesmo, o traballador/a pluriempregado/a coordinará as súas vacacións nas ditas empresas para

gozalas de forma conxunta, tomando como dato base a empresa onde traballa maior número de horas semanais; en todo caso, aqueles traballadores/as que presten servicios en empresas que pechan por período de vacacións, entenderase este como período de referencia para coordinar.

Os traballadores terán dereito, con independencia do sistema establecido, a permuta-las datas de aproveitamento mediante acordos con compañeiros da mesma categoría e centro, sempre que non se ocasionen problemas de tipo organizativo e, en todo caso, avisando a empresa con dous meses de antelación á data de inicio de gozo das vacacións daquel dos traballadores afectados pola permuta que antes comence o dito período.

O aboamento das mesmas farase en función do salario base do convenio, antigüidade, complemento de asistencia, complemento de transporte e complemento de nocturnidade. Os complementos de asistencia e transporte aboaranse como pro rata do tempo traballado durante o ano.

Os traballadores/as que non poidan gozar das vacacións por atoparse xa con anterioridade ó período de vacacións en situación de IT, terán dereito ó aproveitamento delas mesmas sempre que causen alta antes de remata-lo ano natural en curso.

O empresario saínte dunha contrata adxudicada a outra empresa estará obrigada a liquidar a parte proporcional que lles corresponda ós traballadores/as no concepto de vacacións.

Artigo 8º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se farán horas extraordinarias, non obstante poderán facerse horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural.

En relación co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coinciden na importancia do estricto cumprimento do ET.

No caso de facerse horas extraordinarias serán aboadas nas seguintes contías:

Hora extra: 5,51 euros.

Hora en domingo e festivo: 6,47 euros.

Artigo 9º.-Licencias.

Previa solicitude dos traballadores/as afectados/as, considerarase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:

a) Matrimonio ou unión de feito do traballador/a, 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, pais políticos, fillos ou parentes que convivan co traballador/a, 1 día natural.

c) Parto de esposa, 5 días laborais.

d) Parto de filla ou filla política, 1 día natural.

e) Falecemento, enfermidade grave, accidente ou hospitalización:

-Do cónxuxe ou compañeiro/a, 5 días naturais.

-Pais, pais políticos e fillos, 3 días naturais.

-Irmán e parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, 2 días naturais.

Se entre o traballador/a e os parentes anteriormente detallados houbera convivencia, a licencia sería de 5 días naturais. O mesmo ocorrería se o falecemento, accidente, hospitalización ou enfermidade grave dos parentes anteriores se producise fóra da localidade.

f) Falecemento de tío/a, 1 día natural. Se houbera convivencia entre o traballador/a e o falecido/a, a licencia sería de 2 días naturais.

g) Traslado de domicilio, 2 días laborais.

h) Os traballadores/as que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título oficial académico ou profesional terán dereito a un permiso retribuído de ata 6 días ó ano para concorrer a exames, logo de comunicación do traballador/a á dirección da empresa con quince días de antelación e xustificación correspondente.

i) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.

A concreción horaria e a determinación do período de aproveitamento do permiso da lactación e da reducción de xornada, corresponderá ó traballador/a, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador/a deberá avisar ó empresario con 15 días de antelación da data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre empresario e traballador/a sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de aproveitamento previstos serán resoltos pola xurisdicción competente o través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos ou minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desenvolva unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desenvolva actividade retribuída.

A reducción de xornada, completada neste apartado constitúe un dereito individual, dos traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empre

sario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

k) Igualmente o traballador/a, solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispoñer de 1 ata 7 días de licencia, non retribuída pola empresa, para aproveitar durante o ano natural.

l) Todo traballador/a que unha vez iniciada a súa xornada de traballo, e que no transcurso da mesma se sentira enfermo, ou recibira notificación, de accidente ou enfermidade grave dalgún familiar ata segundo grao, e tivera que abandona-lo seu posto de traballo, con posterior xustificación médica, percibirá o importe total da dita xornada, sempre que traballase media. No casos de licencia, esta comezará a cumprirse a partir do día seguinte.

m) Se por motivos de hospitalización de familiares, debido a enfermidade grave ou por necesidades de operación, se estableceran quendas de estadía no hospital co fin de atende-lo enfermo, o traballador/a poderá gozar da súa licencia por este concepto iniciándoa en data posterior á do feito causante, sempre e cando o solicite nos termos a continuación establecidos e a consuma mentres perdure o mesmo período de hospitalización do familiar do que se derivou a licencia.

Nestes supostos o traballador/a terá dereito ó mesmo número de días laborais de licencia que gozase no caso do normal inicio da mesma. Para iso realizarase o cálculo do número de días laborables que suporía a licencia de comeza-lo seu gozo o día no que se produciu o feito causante. O traballador/a deberá comunicar e acreditar á empresa a concorrencia do feito causante, a súa intención de goza-la licencia en data posterior e sinala-los días laborais, que lle correspondan segundo o cálculo anterior, nos que o faría. Ó remate do gozo deberá acreditar que durante os días efectivamente gozados como licencia concorría a hospitalización do familiar.

As referencias que nos puntos anteriores deste artigo fanse ó cónxuxe, entenderanse feitos, así mesmo, á compañeira/o que de xeito estable e en situación de feito asimilable ó matrimonio conviva co traballador/a, e logo de certificación de convivencia que acredite a dita situación.

Artigo 10º.-Excedencias.

Todo traballador/a fixo cunha antigüidade alomenos dun ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a excedencia voluntaria por un prazo non inferior a seis meses e non maior de cinco anos.

O/a traballador/a excedente cando a súa categoría se atope entre os pertencentes ós grupos de persoal subalterno e obreiro, terá dereito á reserva do seu posto de traballo durante un período máximo de dous anos. A reincorporación á empresa solicitarase cun aviso previo de tres meses.

Excepcionalmente, cando a solicitude de excedencia sexa por un tempo máximo de dous anos, o traballador/a terá dereito a reintegrarse na empresa durante o prazo dos seis primeiros meses da dita

excedencia, dispoñendo o empresario dese mesmo prazo dos seis meses para proceder á súa reincorporación. En todo caso, o traballador/a terá que poñer en coñecemento do empresario a súa intención de volver á empresa cunha antelación mínima de un mes. Pasados os seis primeiros meses do exercicio da excedencia sen que o traballador/a fixera uso do seu dereito xa non poderá volver á empresa ata esgota-lo período de excedencia solicitada.

As traballadoras e traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo/a tanto que o sexa por natureza ou por adopción nos supostos de acollemento tanto permanente como preadoptivo a contar desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, salvo que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores/as para atende-lo coidado dun familiar, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desenvolvan actividade retribuída.

A excedencia contemplada neste apartado constitúe un dereito individual dos traballadores/as, homes ou mulleres, non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento de empresa.

Cando un novo suxeito causante dera dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fin ó que, se é o caso, se viñera gozando.

O período en que o traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efecto de antigüidade e o traballador/a terá dereito a asistencia a cursos de formación profesional á participación dos cales deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terán dereito a reserva do seu posto de traballo. Transcorrido o dito prazo a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 11º.-Asistencia a consultorios médicos.

Tódolos traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan que asistir á consulta do médico de cabeceira. Cando o médico de cabeceira que lle correspondera ó traballador/a tivese o seu consultorio en localidade distinta daquela na que prestan os seus servicios os traballadores, estes disporán do tempo necesario.

O traballador/a que teña que acudir a un consultorio médico estará obrigado a avisar anticipadamente á empresa, a cal porá á disposición do traballador/a o xustificante correspondente, que deberá devolver á empresa unha vez cuberto polo médico.

Para a súa asistencia á consulta do especialista, os traballadores/as terán dereito a todo o tempo necesario logo da presentación do volante do médico de cabeceira. Ademais terán dereito a un día de asistencia ó especialista fóra da localidade.

Así mesmo, terán dereito a 3 horas retribuídas para asistir a consultorio médico con fillos menores de 14 anos ou fillos minusválidos físicos ou psíquicos calquera que sexa a súa idade, cun máximo de tres veces ó mes, sempre que a súa xornada laboral sexa coincidente co horario de consulta médica e co horario de traballo do seu cónxuxe ou compañeiro/a. Os procesos de rehabilitación non terán a consideración de consulta médica para efectos do dereito regulado anteriormente.

Capítulo III

Mellora nas condicións de traballo

Artigo 12º.-Cambio de postos de traballo por embarazo. Suspensión con reserva do posto de traballo.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se gozarán de maneira interrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase á opción da interesada sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e nai traballen, esta, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, salvo que no momento da súa efectividade na incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata 6 anos, a suspensión terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de 16 semanas no supostos de adopción e acollemento de menores maiores de 6 anos de idade cando se trata de menores dicapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias personais ou que por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase á opción dos interesados, que poderán gozalos de xeito simultáneo

ou sucesivo,

sempre que con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá excederse das 16 semanas previstas nos apartados anteriores ou das que correspondan no caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire este artigo poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores/as afectados/as, no termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso neste artigo, poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe á adopción.

Protección á maternidade.

1. A avaliación dos riscos o que se refire o artigo 16 da lei deberá comprende-la determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico. Se os resultados da avaliación revelasen un risco para a seguridade e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evita-la exposición ó dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. As ditas medidas incluirán, cando resulte necesario, a non realización de traballo nocturno ou de traballo a quendas.

2. Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puideran influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servicios médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das mutuas, co informe do médico do Servicio Nacional da Saúde que asista facultativamente á traballadora, esta deberá desenvolver un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado. O empresario deberá determinar, logo da consulta cos representantes dos traballadores/as, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos.

O cambio de posto ou función levarase a cabo de conformidade cos regulamentos e criterios que se apliquen nos supostos de mobilidade funcional e terá efectos ata o momento no que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ó anterior posto.

No suposto de que, aínda aplicando os regulamentos sinalados no parágrafo anterior, non existise posto de traballo ou función compatible, a traballadora poderá ser destinada a un posto non corres

ponde ó seu grupo ou categoría equivalente, se ben conservará ó dereito ó conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

3. Se o dito cambio de posto non resultara técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados, poderá declararse o paso da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo, prevista no artigo 45.1º d) do Estatuto dos traballadores, durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde e mentres persista a imposibilidade de reincorporarse ó seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado.

4. O disposto nos números 1 e 2 deste artigo será tamén de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puideran influír negativamente na saúde da muller ou do fillo/a e así o certifique o médico que, no réxime da Seguridade Social aplicable, asista facultativamente a traballadora.

5. As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, logo de aviso ó empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

Situación protexida.

Para os efectos da prestación económica por risco durante o embarazo as mulleres embarazadas terán dereito a que se lles cambie de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando obrigadas en ningún caso a desempeña-las súas funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de dezaseis semanas, remitíndonos ó Decreto lei do 3 de marzo de 1989. Durante o período citado a traballadora terá dereito ó aboamento das prestacións económicas correspondentes, con cargo á Seguridade Social e complementada ata o 100% do salario como para o caso de baixas por enfermidade ou accidente.

Artigo 13º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá dereito a unha revisión médica ó ano a cargo da empresa.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades do sector, efectuándose dentro da xornada laboral do traballador/a e facendo entrega a estes do resultado do recoñecemento.

Artigo 14º.-Roupas de traballo.

Naqueles casos que teñan problemas de adaptación á roupa facilitada pola empresa, esta procurará unha que se adapte as necesidades do traballador/a.

Proverase a tódolos traballadores/as de roupas de traballo adecuadas para traballar en lugares radioac

tivos ou infecciosos. Concederase a todo o persoal a adecuada e regulamentaria roupa de traballo, fundas para o persoal masculino e batas para o persoal feminino cada seis meses, zapatillas cada tres meses ou ben zocos cada seis meses e luvas cada dez días.

Ós cristaleiros proveráselles roupa de auga.

Con carácter exclusivo para centros hospitalarios e clínicas, as batas poderán cambiarse, de mutuo acordo e para todo o persoal do centro de traballo, por chaquetiña e pantalón.

Artigo 15º.-Vestiarios.

As empresas virán obrigadas a solicitar ós seus clientes que se facilite un cuarto apropiado ás necesidades do persoal.

Artigo 16º.-Seguro de accidente de traballo.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo de accidentes de traballo en favor de tódolos traballadores/as que teñan máis de media xornada e daqueles que, calquera que sexa a súa xornada, realicen tarefas dun certo risco ou se dediquen de xeito habitual á limpezas de cristais a alturas superiores a 1,80 m.

O resto dos traballadores/as tamén estarán incluídos na mencionada póliza, se ben, neste caso, os capitais asegurados que se indican, reduciranse á metade.

O dito seguro cubrirá, con carácter xeral, as seguintes garantías mínimas:

-Morte ou invalidez total: 13.996,07 euros.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 17.106,30 euros.

As ditas continxencias deberán derivarse, en calquera caso, de accidente laboral incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles correspondan ós traballadores/as en virtude de lexislación vixente.

Capítulo IV

Adscrición do persoal

Artigo 17º.-Adscrición do persoal.

Primeiro.-Ó termo da concesión dunha contrata de limpeza, os traballadores/as da empresa contratista saínte, pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:

a) Traballadores/as en activo que presten os seus servicios no dito centro cunha antigüidade mínima dos catro últimos meses, sexa cal fora a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores/as que no momento do cambio de titularidade da contrata, se atopen enfermos, accidentados, en excedencia, no servicio militar ou situación análoga, sempre e cando teñan prestado os seus servicios no centro obxecto de subrogación con ante

rioridade á suspensión do seu contrato de traballo e que reúnan a antigüidade mínima establecida no apartado a).

c) Traballadores/as que, con contrato de interinidade, substitúan a algún dos traballadores/as nomeados no apartado anterior.

d) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporaran ó centro como consecuencia de ampliación de contrata, dentro dos seis últimos meses.

e) O persoal incorporado pola anterior titular a este centro de traballo dentro dos catro meses, seguirán pertencendo á dita empresa e non se producirá a subrogación citada, salvo que se acredite a súa nova incorporación ó centro e á empresa.

Segundo.-Tódolos supostos anteriormente previstos deberán acreditarse verídica e documentalmente pola empresa saínte á entrante no prazo de tres días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.

O indicado prazo contarase desde o momento en que a empresa entrante comunique veridicamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Pontevedra, se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir este requisito a empresa entrante, automaticamente e sen máis formalidades, subrogarase en todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores/as só se extingue no momento no que se produza o dereito á subrogación do mesmo á nova adxudicataria.

Terceiro.-Non operará a subrogación no caso dun contratista que realice a primeira limpeza e que non teña subscrito contrato de mantemento.

Cuarto.-Se a subrogación dunha nova titular da contrata implicase que un traballador/a realizase a súa xornada en dous centros distintos, afectando a un só deles o cambio de titularidade da contrata, os titulares das mesmas xestionarán o pluriemprego legal do traballador/a, así como o aproveitamento conxunto do período de vacacións, aboándoselle pola empresa saínte a liquidación por partes proporcionais das pagas correspondentes. Esta liquidación non implicará o finiquito se continúa traballando para a empresa.

Quinto.-A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento ás partes que vincula, empresa cesante, nova adxudicataria e traballador/a.

Non desaparece o carácter vinculante deste artigo no caso de que a empresa adxudicataria do servicio suspendese o mesmo por un período inferior a dous meses; o dito persoal con tódolos seus dereitos adscribirase á nova empresa.

Documentos para facilitar pola empresa saínte á empresa entrante:

-Certificado do organismo competente de estar ó corrente no pagamento á Seguridade Social.

-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores/as afectados.

-Fotocopia dos TC1 e TC2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data de aproveitamento das súas vacacións.

-Copia de documentos debidamente dilixenciados por cada traballador/a afectado/a na que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da subrogación, non quedando pendente cantidade ningunha. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servicio como nova titular.

Artigo 18º.-Traslados a centros de traballo.

Co fin de evitar posibles actuacións unilaterais por parte das empresas, cando un traballador/a leve dous meses ininterrompidos prestando os seus servicios nun centro de traballo da mesma empresa, quedará fixo de centro, salvo que por parte da dirección do centro no que presta os seus servicios, existan queixas razoadas e xustificadas con respecto ó cumprimento do traballo do productor, ou por necesidade evidente da empresa de ocupalo noutro centro de traballo por enfermidade, vacacións e demais licencias do persoal do seu cadro de persoal. O dito traslado non poderá ser superior a trinta días dentro do mesmo ano. O posto de traballo do traslado non poderá ser ocupado. No momento de proceder ó traslado, a empresa estará obrigada a comunicárllelo ós representantes legais dos traballadores/as a fin de busca-la solución menos gravosa para o persoal. O empresario estará obrigado, por outra parte, a respecta-lo quenda que teña establecida o traballador/a, sempre que este realizase xornada

completa nun único centro de traballo e existira outro centro de traballo coa mesma quenda.

Artigo 19º.-Mobilidade xeográfica.

Os traballadores, fixos de centro, non poderán ser trasladados do mesmo a outro fóra da provincia.

Artigo 20º.-Peche de centro de traballo.

No caso de que un centro de traballo peche ou se traslade dentro da mesma provincia a outro local, os traballadores indefinidos, a tempo parcial ou completo, fixos do centro pechado, terán un dereito preferente a ser adscritos ó novo centro ata cubri-las necesidades contratadas para o mesmo. Existindo máis traballadores interesados en exercer este dereito preferente que postos no novo centro, a selección dos mesmos farase seguindo un criterio de antigüidade, tendo prioridade aqueles traballadores que teñan maior antigüidade no centro de traballo.

Para o caso de que houber cambio do titular da contrata de limpeza, os traballadores que, en virtude do exercicio de dereito previsto no paragráfo ante

rior, queden adscritos ó novo centro deberán ser subrogados pola nova empresa. Para estes supostos, no caso de que houber máis traballadores interesados no exercicio do dereito de adscrición preferente que postos a cubrir no novo centro, a selección deles farase seguindo o criterio de antigüidade enriba establecido.

Cando a prestación do servicio levese a cabo en comunidades de veciños e estas decidan extingui-lo contrato coa empresa, volvendo a contratar, dentro dos tres meses seguintes á extinción, con calquera empresa de limpeza, sexa a mesma ou non, esta virá obrigada a ofrecer, ós traballadores que no momento da extinción da anterior contrata viñan desenvolvendo o servicio, a posibilidade de ocupar o/os postos novamente contratados. Existindo máis traballadores interesados en exercer este dereito de adscrición preferente que postos requiridos, a selección dos traballadores realizarase seguindo un criterio de antigüidade, tendo prioridade aqueles traballadores que tiveran maior antigüidade na comunidade de veciños de que se trate.

Artigo 21º.-Altas na Seguridade Social.

A empresa estará obrigada a entregar ós traballadores/as fotocopia da alta da mesma na Seguridade Social, para o que disporá dun prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ó traballo.

Igualmente, a empresa estará obrigada a colocar fotocopia dos boletíns de cotización nun taboleiro de anuncios nas oficinas dela.

Igualmente, a empresa esta obrigada a facilitar ó comité de empresa ou delegados/as de persoal, fotocopia dos boletíns de cotización.

Artigo 22º.-Finiquitos.

Os finiquitos carecerán de efectos liberatorios se, logo de petición escrita do interesado/a, non estivera visado polo comité de empresa, delegado/a de persoal ou, no seu defecto, polo sindicato ó que estea afiliado o traballador/a.

Artigo 23º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas neste convenio teñen carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores/as verbo deste convenio, subsistirán para aqueles que as veñen gozando, pero sen que poidan interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas teña que computarse o melloramento económico que supón este convenio.

Artigo 24.-Absorción.

As melloras económicas contidas no seu conxunto neste convenio compensarán ou absorberán aquelas melloras que se producisen voluntariamente e que veñan así cualificadas na nómina polas empresas desde a sinatura do último.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 25º.-Salarios.

As retribucións correspondentes ás distintas categorías do persoal afectado por este convenio fíxanse na táboa salarial anexa, que supón un incremento do 3,5% para o ano 2003, sobre as táboas correspondentes ó ano 2002, e un incremento do IPC real rexistrado no conxunto do Estado durante o 2003 máis 0,25% para o segundo ano de vixencia, aplicado sobre as táboas de 2003.

No caso de que o IPC no conxunto do Estado rexistrase o 31 de decembro de 2003 un incremento superior ó 3,70%, farase unha revisión salarial pola porcentaxe de subida do IPC superior á dita cifra e con carácter retroactivo.

No ano 2005, no caso de que o IPC real no conxunto do Estado do ano 2004 superase o incremento salarial, a diferencia servirá de base para negociación do convenio do 2005.

O aboamento dos salarios deberá efectuarse nos días 30 ou 31 do mes no que se perciban e, como máximo, o día 3 do mes seguinte.

Artigo 26º.-Antigüidade.

Os traballadores/as fixos comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio gozarán, como complemento persoal de antigüidade, dun aumento periódico por cada tres anos de servicios prestados na mesma empresa, na contía do cinco por cento para cada trienio, sobre o salario base.

Artigo 27º-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as gratificacións extraordinarias correspondentes a xullo e Nadal, na contía, cada unha delas, dunha mensualidade de salario base do convenio máis antigüidade, se é o caso. As ditas pagas extraordinarias de xullo e Nadal percibiranse na súa integridade, independentemente de que o traballador tivera estado en situación de IT durante o período de percibo de cada unha delas, e serán aboadas entre os días 10 e 20 dos respectivos meses.

Igualmente percibirán entre os días 10 e 20 do mes de marzo, unha paga de beneficios, na contía dunha mensualidade de salario base do convenio, máis a antigüidade, se é o caso. A dita paga haberá de referirse ó ano natural anterior, aboándose a prorata dos días traballados. Non obstante, esta paga percibirase na súa integridade, independentemente de que o traballador/a estivera en situación de IT durante o período de percibo da dita paga.

O persoal que goce de vacacións durante o mes de xullo terá dereito a un anticipo do 90% do importe da paga extraordinaria de xullo sinalada no parágrafo primeiro.

Artigo 28º.-Complemento de transporte e locomoción.

Os traballadores/as afectados por este convenio percibirán en concepto de complemento de transporte no ano 2003 a cantidade de 69,79 euros, efectuándose o seu percibo en 12 pagas. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 3,14 euros.

Para o ano 2004 incrementarase a contía do concepto de complemento de transporte establecido para o ano 2003 no importe do IPC real do ano 2003 o máis 0,25%.

Dado as especiais características do sector o complemento de transporte aboarase a prorata do tempo traballado, non tendo este concepto a consideración de salario a ningún efecto, polo cal non se computará para o cálculo de antigüidade, gratificacións extraordinarias, paga de beneficios, etc., e tampouco se percibirá cando se atope en situación de incapacidade temporal, queda mesmamente exento de cotización á Seguridade Social.

Os traballadores/as que teñan que utilizar vehículos para o traslado entre varios centros de traballo terán dereito ó abono dun complemento de transporte na cantidade que pagara en medios normais de locomoción.

Artigo 29º.-Complemento de asistencia.

Para o ano 2003, establécese a cantidade de 49,67 euros. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 2,24 euros, non considerándose como ausencia, para estes efectos, o descanso semanal ó que teña dereito o traballador/a.

Para o ano 2004 incrementarase a contía do concepto de complemento de asistencia establecio para o ano 2003 no importe do IPC real do ano 2003 máis 0,25%. Este complemento de asistencia aboarase á prorata do tempo traballado.

Artigo 30º.-Complemento de toxicidade, perigosidade e nocturnidade.

O complemento fixado no apartado a) do artigo 53º da vixente ordenanza, sobre labores tóxicos ou perigosos, queda establecido na contía do 30% do salario base de cada categoría.

O complemento de nocturnidade previsto no apartado b) do mesmo corpo legal, percibirase na contía do 35% sobre o salario base de cada categoría. Os traballadores/as de nova contratación percibirano igualmente.

Os traballadores/as que teñan dereito a percibi-lo complemento de nocturnidade percibirano na contía establecida no texto do convenio e sobre o salario base mensual de trinta días, aboándose a prorata do tempo traballado.

O complemento de perigosidade pagarase ós traballadores/as que habitualmente presten os seus servicios sobre estada, ou cos pés sobre escaleira situados a unha altura superior a 1 m 80 cm. Este complemento aboarase por tempo efectivo de traballo.

Artigo 31º.-Incapacidade temporal.

No caso de IT derivada de accidente laboral, tanto o acaecido no centro de traballo como o accidente in itinere, a empresa estará obrigada a completa-la prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario base do convenio, máis a antigüidade máis o complemento de asistencia, desde o primeiro día da baixa.

Por outra banda, nos supostos de IT, calquera que fose a súa causa, que motiven a hospitalización do traballador/a, as empresas completarán durante a hospitalización a prestación económica da Seguridade Social ata o importe íntegro do seu salario convenio máis a antigüidade e complemento de asistencia, se é o caso.

Se o traballador/a tivera sufrido intervención cirúrxica, a obriga das empresas de complementa-la prestación á Seguridade Social estenderíase ó período de convalecencia e cunha duración máxima de noventa días naturais.

Artigo 32º.-Anticipos.

As traballadoras e os traballadores terán dereito a percibir, sen que chegue o día sinalado para o cobramento dos salarios, anticipos á conta do traballo xa realizado, non podendo ser superior ó 80% do realmente traballado.

Artigo 33º.-Axudas de custo.

Os traballadores/as que por razóns de prestación de servicio sexan desprazados a lugares de traballo sitos fóra do municipio da súa residencia e que non teñan a condición de traslado do artigo 40 do Estatuto dos traballadores, terán dereito a unha indemnización polos gastos orixinados que recibirá o nome de axudas de custo, percibindo media axuda de custo cando o traballador/a deba realizar unha comida; axuda de custo completa, cando deba realizar dúas comidas, e axuda de custo completa con pernoctación cando deba efectuar dúas comidas e pernoctar fóra do domicilio do traballador/a.

A contía das dietas será a seguinte:

Ano 2003:

a) Media axuda de custo: 13,56 euros día.

b) Axuda de custo completa: 24,08 euros día.

c) Axuda de custo con pernoctación: 40,47 euros día.

Para o ano 2004 incrementarase a contía das axudas de custo establecidas para o ano 2003 no importe do IPC real do ano 2003 mailo 0,25%.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 34º.-Xubilación.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderán acollerse á modalidade de xubilación determinada no Real

decreto lei 14/1981, do 20 de agosto e Real decreto 1194/1985, estando as empresas obrigadas a contratar simultaneamente no lugar do xubilado a outro traballador que sexa titular de dereito a calquera das prestacións económicas de desemprego ou mozo demandante de primeiro emprego, tal e como dispoñen as normas citadas.

Co fin de contribuír á realización dunha política de promoción de emprego, a xubilación, para o persoal fixo da empresa, terá carácter de forzosa ó cumprir a idade de 65 anos.

Aqueles traballadores que, ó chegaren a esta idade, non teñan cumprido o período mínimo de cotización á Seguridade Social para causaren dereito á referida prestación, poderán continuar prestando servicios ata cumpriren o citado período de cotización, momento no que se causará baixa de xeito inmediato.

A empresa cubrirá o posto de traballo segundo necesidades do servicio, non tendo que ser coincidente a xornada efectiva de traballo do que se xubila coa do traballador/a entrante.

Artigo 35º.-Medidas de fomento de emprego e da contratación temporal.

Co fin de fomenta-la contratación e debido ós límites a este impostos a causa das últimas modificacións lexislativas, as partes acordan que a duración máxima do contrato eventual por circunstancias de producción será de 12 meses nun período de 15. Poderán acollerse a esta disposición os contratos que estean en vigor na data de publicación deste convenio e aínda non esgotaran a súa duración máxima. Terán unha indemnización de 8 días de salario por ano, segundo o Real decreto 5/2001.

Nos casos nos que os traballadores/as asinen baixas voluntarias nas empresas, non terán validez se non van acompañadas da firma dun delegado/a de persoal ou membro do comité de empresa.

Artigo 36º.-Promoción da renovación de cadro de persoal.

Co obxectivo de incentiva-los traballadores na súa participación na creación de emprego xuvenil a través da renovación de cadros de persoal, aquel que solicite a baixa voluntaria na empresa percibirá, de mutuo acordo entre ambas partes:

Se a solicitase ós 60 anos: 6 mensualidades de salario real.

Se a solicitase ós 61 anos: 4 mensualidades de salario real.

Sí a solicitase ós 62 anos: 2 mensualidades de salario real.

En todo o caso, e de xeito inmediato, os traballadores que soliciten a baixa voluntaria ós 63 e ós 64 anos terán dereito a percibir dúas mensualidades de salario real, percibindo unha mensualidade de salario real aqueles que o fagan ó cumprir os 65 anos.

Capítulo VII

Acción sindical

Artigo 37º.-Acción sindical e garantías de cargos sindicais.

En todo o relacionado con este tema rexerá ó disposto nos artigos 61 e seguintes do Estatuto dos traballadores, determinándose que cando un representante legal deba saír da empresa para exercer funcións de representación deberá comunicalo á mesma o día anterior, salvo situacións excepcionais que se terán que xustificar posteriormente. Como xustificante será válido o comprobante dos organismos oficiais ou da central sindical correspondente.

Os delegados/as sindicais e de persoal terán 20 horas mensuais retribuídas para realiza-lo seu cometido de representación nas empresas con máis de 25 traballadores.

Os sindicatos máis representativos poderán formar formar seccións sindicais en tódalas empresas de máis de 25 traballadores, como se estipula na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, teñan ou non representación no comité de empresa.

Será obrigatorio colocar un taboleiro de anuncios para a información sindical, nas empresas que teñan centros de traballo com máis de 6 traballadores, que se axustará ó disposto no Estatuto dos traballadores.

De acordo co establecido no artigo 68 e) do Estatuto dos traballadores, en cada empresa poderase establece-la acumulación do crédito horario dos representantes legais dos traballadores/as (delegados/as de persoal ou membros do comité de empresa) en uno ou varios dos seus membros dunha mesma organización sindical, sen excede-lo máximo total de noventa horas.

Tanto o cedente como o cesionario do crédito horario deberán comunicar por escrito á dirección da empresa a cesión e acumulación de horas, cunha antelación de 5 días, na que figurará o seguinte:

-Nome do cedente e do cesionario.

-Número de horas cedidas e período polo que se efectúa a cesión, que haberá de ser por meses completos, ata un máximo dun ano.

Artigo 38º.-Asembleas.

Os traballadores/as dunha mesma empresa terán dereito a reunirse en asemblea, unha vez ó mes e por un tempo máximo de dúas horas durante a xornada debendo comunicar á empresa a súa celebración cunha antelación de 48 horas, salvo situacións excepcionais de conflicto ou folga, na que bastará con preavisar con 24 horas de antelación.

Artigo 39º.-Formación.

As empresas de limpeza colaborarán coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os traballadores, segundo o acordo de formación continua, sendo as

organizacións empresariais e sindicatos os órganos autorizados e con competencias para desenvolve-lo dito labor.

Ós traballadores/as que participen en cursos de formación continua teránselles en conta estes para efectos de promoción interna é o acceso as categorías superiores.

Artigo 40º.-Partes asinantes.

As partes asinantes deste convenio son en representación dos traballadores, as centrais sindicais CC.OO., UGT e Confederación Intersindical Galega (CIG).

En representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas e Locais de Pontevedra.

Para a interpretación e cumprimento das cláusulas deste convenio, e en xeral, para atender cantas cuestións se deriven da aplicación do mesmo, establécese unha comisión paritaria que estará integrada por 4 representantes empresariais e 4 representantes dos traballadores, todos eles de entre os integrantes da comisión do convenio.

Independentemente da interpretación e seguimento do convenio, a dita comisión reunirase polo menos unha vez cada tres meses, durante a vixencia deste convenio, co obxecto de analizar e estudia-la problemática do sector no seu sentido máis amplo.

Artigo 41º.-Comisión paritaria.

Crease unha comisión paritaria do convenio, formada por representantes de ambas partes, e da que a finalidade será a de vixia-lo cumprimento do convenio e da normativa laboral, en xeral.

A dita comisión xuntarase no mes de outubro para intentar modificar e defini-los grupos e categorías existentes no convenio.

Artigo 42º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas de limpeza, non poderán contratar a través das empresas de traballo temporal (ETT) tanto para substitucións de vacacións, IT, etc. Así como, calquera posto novo de traballo (ampliación de cadro de persoal, postos de nova creación, etc.).

En calquera caso garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles corresponden ós traballadores en aplicación deste convenio.

Artigo 43º.-Lexislación subsidiaria.

En todo aquilo que non quede determinado especificamente neste convenio, rexerá o disposto pola Ordenanza de traballo para as empresas dedicadas a limpeza de edificios e locais, aprobada en data 15 de febreiro de 1975, e no que nela non estea previsto ou regulado, serán de aplicación esas normas establecidas na lexislación laboral xeral.

No suposto de derrogación da ordenanza laboral de limpeza de edificios e locais, os aspectos non

regulados neste convenio provincial e que se recollan na ordenanza laboral derrogada, pasarán a formar parte provisionalmente do convenio provincial, mentres non se negocie un convenio colectivo de ámbito superior que a substitúa.

Nos artigos 8, 9, 11, reprodúcese a Lei de protección e conciliación familiar, calquera cambio que afecte a dita lei modificará automaticamente estes artigos.

Artigo 44º.-Dereitos lingüísticos e normalización do galego.

Os traballadores/as teñen dereito a desenvolve-la súa actividade laboral e profesional en lingua galega, como lingua propia de Galicia (artigo 5.1 do Estatuto de autonomía), e a recibir formación lingüística para mellora-lo servicio ó público no seu posto de traballo.

No seo da empresa a dirección e os representantes dos traballadores/as fomentarán o uso da lingua galega nas actividades internas e nas súas relacións.

Artigo 45º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade dos/as traballadores/as, conductas de acoso sexual verbais ou físicos, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión do feito. Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa posición xerárquica superior coa persoa acosada e/ou con persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, os/as delegados/as de persoal, sección sindical e a dirección da empresa, velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a, procurando silenciar a súa identidade, cando así sexa preciso.

Artigo 46º.-Emprego fixo.

As partes asinantes deste convenio, para unha maior estabilidade no emprego, acordan fomenta-la contratación indefinida, establecendo como cadro de persoal fixa mínima das empresas do 40% da cadro de persoal total, entendendo por esta a media dos últimos 12 meses.

Disposición adicional

Primeira.-As diferencias ou atrasos salariais producidos como consecuencia da aplicación retroactiva dos efectos económicos desde o 1 de xaneiro de 2003, serán aboados polas empresas no prazo máximo de 45 días naturais a contar desde a data da resolución do delegado provincial de traballo acordando a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos e a súa publicación no BOP de Pontevedra.

Segunda.-Ambas partes someteranse á posible negociación do convenio galego do sector.

Táboas de salarios 2003

Limpeza de edificios e locais

Categoría2003 (A)

Grupo I. Persoa directiva e técnico.-Subgrupo I. Persoal directivo.

Director1.558,63

Director comercial1.415,27

Director administrativo1.415,27

Xefe de persoal1.415,27

Xefe de compras1.415,27

Xefe de servicios1.415,27-Subgrupo II. Persoal titulado.

Titulado grao superior1.122,23

Titulado grao medio996,94

Titulado laboral ou profesional847,85

Grupo II. Persoal administrativo.

Xefe administrativo 1ª1.059,87

Xefe administrativo 2ª991,29

Caixeiro897,77

Oficial 1ª847,87

Oficial 2ª754,39

Auxiliar659,75

Telefonista654,26

Grupo III. Mandos intermedios.

Encargo xeral991,47

Supervisor ou encargado de zona897,78

Supervisor ou encargado de sector823,04

Encargado de grupo ou edificio712,02

Responsable de equipo683,43

Grupo IV. Persoal subalterno.

Ordenanza654,26

Almaceneiro654,26

Listeiro654,26

Grupo V. Persoal obreiro.

Especialistas, carretilleiros e oficial de oficios varios721,37

Peón especialista e axudante de oficios varios661,06

Limpador ou limpadora e peón de oficios varios654,12

Conductor-limpador777,03

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA