Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 14 de agosto de 2003 Páx. 10.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2003, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda para o exercicio da pesca da troita un tramo do río Miño no concello de Lugo.

Visto o informe do Servicio Provincial de Caza e Pesca Fluvial de Lugo en relación coas altas densidades de troitas en diversos puntos do río Miño nos que as augas presentan condicións de osixenación, temperatura e sombra mellores cás existentes en zonas nas que o escaso caudal, a ausencia de vexetación de ribeira e as altas temperaturas que se acadan impiden o normal desenvolvemento das troitas.

Vista a proposta de veda formulada pola Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo ante o prexuízo que se lle pode causar á poboación de troitas permitindo a pesca nas condicións ambientais existentes.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca

fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio),

RESOLVE:

Vedar para o exercicio da pesca da troita o tramo do río Miño comprendido entre o Caneiro do Rei Chiquito e o Caneiro de Vilar, ambos límites dentro do termo municipal de Lugo.

A veda manterase ata o comezo da temporada hábil do ano 2004.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.

Francisco García-Bobadilla Prósper

Director xeral de Conservación da Natureza