A Orde do 3 de decembro do 2002 establecía que o período cuberto por esta orde será desde o día
17 de novembro de 2002 e durante un período máximo de seis meses, tódolos días naturais, que poderán ser prorrogables no caso en que as circunstancias o recomenden.
Do mesmo xeito, a Orde do 11 de decembro de 2002 establece que o período máximo cuberto por esta orde será coincidente co período de vixencia da Orde do 18 de novembro de 2002, modificada pola Orde do 3 de decembro de 2002, é dicir, durante un período de seis meses, tódolos días naturais, que poderá ser prorrogado no caso de que as circunstancias así o recomenden, comezando desde o día 18 de novembro de 2002.
Así mesmo, a Orde do 24 de febreiro de 2003 pola que se establecen medidas especificas para compensar determinados danos producidos nos barcos de pesca e auxiliares de acuicultura como consecuencia dos vertidos do fuel óleo do petroleiro Prestige, establece unha vixencia de seis meses, contados desde o 18 de novembro de 2002.
A Orde do 16 de maio de 2003 ampliaba por un período de tres meses a vixencia de tódalas ordes anteriores.
A notable melloría da situación tivo como resultado a paulatina volta á normalidade dos distintos colectivos afectados, que deixaron de percibi-las axudas
á medida que retornaban á actividade. Non obstante, existen recursos que, por estaren máis afectados polo impacto do fuel, deberán permanecer pechados mentres os informes dos técnicos así o aconsellen e, polo tanto, os distintos colectivos afectados que así o tivesen recoñecido seguirán percibindo as axudas.
Visto o anterior,
DISPOÑO:
Artigo único.-Prorroga-lo período de cobertura da Orde do 18 de novembro de 2002 pola que se establecen medidas transitorias e urxentes para facer fronte ás consecuencias do buque Prestige, da Orde do 11 de decembro de 2002 pola que se establecen medidas que complementan as axudas establecidas na Orde do 18 de novembro de 2002, e da Orde do 24 de febreiro de 2003, modificadas pola Orde do 16 de maio de 2003, durante un período máximo de dous meses, tódolos días naturais, prazo que poderá ser modificado se as circunstancias o recomendan.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2003.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos