De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos domicilios dos interesados sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relaciónan no anexo a resolución do
delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda a denegación da ampliación do período de subsidiación.
De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución.
«Á vista da solicitude e documentación presentada e logo das comprobacións oportunas de conformidade co previsto no artigo 4 do R.D. 1932/1991 e a Orde do 6-3-1992, acórdase denega-la ampliación do período de subsidiación do préstamo do que vostede é beneficiario como titular do expediente arriba referenciado.
Motivos da denegación: a solicitude de ampliación do período de subsidiación presentouse fóra de prazo.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 3 de marzo de 2003. Delegado provincial de Pontevedra. Asdo.: José Manuel González Álvarez».
Federico del Campo Navarro
Xefe accidental da Área provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36-T-0441/97.
Interesada: Mª Jesús González Estévez.
Último enderezo coñecido: rúa Os Bechos, núm. 5, 3º B (A Guarda).
Intentos de notificación persoal: o 2-5-2003 ás 13.20 h e o 5-5-2003 ás 14.10 h.
Data da formalización do préstamo: o 12-2-1998.
Data da solicitude de ampliación: o 10-4-2003.

