De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal nos domicilios dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite.
De acordo co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:
«Transcorrido o prazo de dez días concedido, en cumprimento do previsto no artigo 72.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para a presentación de documentación, notifícase que, ante o seu incumprimento, considérase desistido da súa petición e procédese ó arquivo da solicitude de ampliación do período de subsidiación do préstamo persoal amparada no expediente de referencia.
Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Pontevedra, 3 de marzo de 2003. Asdo.: José Manuel González Álvarez, delegado provincial de Pontevedra».
Federico del Campo Navarro
Xefe accidental da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36-A-0025/1998.
Interesado: Juan Manuel Barreiro Blanco.
Último enderezo coñecido: rúa Juan B. Andrade, 43, 4º B (Pontevedra).
Intentos de notificación persoal: o 24-5-2003.
Expediente: 36-A-0711/1997.
Interesado: José Castro Cespón.
Último enderezo coñecido: avda. Vigo, 38, 1º D (Pontecesures).
Intentos de notificación persoal: o 15-5-2003 ás 12.15 h.
Expediente: 36-A-0672/1996.
Interesado: Amancia Moreira Portabales.
Último enderezo coñecido: rúa Pitanxo, nº 1, 2º A (Marín).
Intentos de notificación persoal: o 14-5-2003 ás 11.00 h.

